- A contabilización desta sentenza non afectará ó Orzamento municipal porque existen saldos suficientes na contabilidade, polo tanto os servizos e as inversións non se verán reducidos.
Despois de varios anos sen unha sentenza firme que condenase ó Concello de Ponteareas a pagar á empresa Central Eléctrica Sestelo o importe que reclamaban, o pasado 18/xullo/2017 o Xulgado Contencioso Administrativo nº 1 de Pontevedra dictou auto acordando a cantidade que se debe pagar á empresa e que ascende a 867.404€.
Dende o PP queremos trasladarlle ó Goberno local que agora sí estamos a falar dunha sentenza firme e dunha débeda que é esixible ó Concello de Ponteareas, cousa que ata agora non era así e polo tanto resultaba imposible facer fronte á mesma.
Tamén debemos recordar a este Goberno que fai un ano estaba disposto a pagar 1,3 millóns de euros, é dicir un 33% mais, e criticou ó goberno da lexislatura pasada de “esconder” esta obriga, cousa totalmente falsa porque existía unha reclamación xudicial por parte da empresa dende o ano 2012 e seguindo os informes tanto da intervención como do asesor xurídico esta foi recurrida polo Concello no ano 2014.
O Goberno popular presidido por Solla sempre defendeu os intereses xerais do Concello durante os anos que xestionou o mesmo, e neste caso a reclamación inicial da empresa superaba os 2 millóns de euros e dentro do Plan de Pago a Proveedores no ano 2012 fóronlle pagadas facturas por mais de 796.000€, e do importe restante a Interventora municipal informou desfavorablemente a contabilización e o pago das mesmas, porque detectou facturas duplicadas e porque a reclamación incluía outras que xa estaban pagadas.
Dado que existen na contabilidade saldos suficientes, a contabilización desta sentenza non vai supor redución no Orzamento municipal e o Goberno non vai ter problemas para continuar prestando os servizos que xa presta ou facer calquera tipo de inversións.
Xa para rematar, e sempre dende a defensa dos intereses xerais do Concello e dos veciños, sentímonos satisfeitos de que se conseguirá reducir un 33% o importe que se viña reclamando, o cal é de agradecer principalmente ós técnicos municipais que superon defender cos seus informes o mellor para o noso Concello.