No día de onte o Goberno municipal aprobou un Regulamento para o reparto da Productividade entre os funcionarios municipais que vai supor un feito histórico para calquer Administración, e que ven a ser o dereito que terá calquer traballador a percibir unha productividade con só vir a traballar o 90% da súa xornada.
O Concelleiro de Persoal, o Sr Floreal Alonso, propuxo este mesmo regulamento xa no mes de maio e finalmente non o presentou ó Pleno porque todos os membros da oposición plantexaron sobre o texto que nos daban as mesmas dúbidas que agora, porque descoñecíamos cómo ían a “premiar” un empregado que non cumprira coa súa xornada laboral, ou cómo ían a repartir o 30% da contía total que tiveran para productividade en base a que o traballador “faga mellor o seu traballo”, cando non existe unha definición do que debe facer cada traballador no seu posto de traballo, mentras non se aprobe unha RPT (Relación de Postos de Traballo).
Pois ben, ainda así, o Goberno municipal, neste mes de agosto e aproveitando que a Secretaria municipal habilitada nacional non está por vacacións, trouxeron ó Pleno o mesmo expediente do mes de maio, incorporándolle un novo punto no que se acordaba que “Este regulamento non afectará a retribución que en concepto de “productividade” ven percibindo o persoal do concello ata a data de aprobación do presente regulamento, manténdose a percepción da mesma nas mesmas condicións, tal e como se recolle no orzamento do ano 2016, prorrogado para o presente ano 2017”, punto que non contaba co Informe da Secretaria municipal e que a fin de contas é a mesma irregularidade que eles mesmos están criticando.
A partida de Productividade que existe no Concello de Ponteareas dende fai moitos anos presenta unha casuística especial recoñecida polo Consello de Contas no ano 2001 e favorable ós empregados municipais. A adaptación deste importe á legalidade correspóndelle ós gobernantes que deben resolver, e o xeito de facelo é vía a elaboración e aprobación dunha RPT, que xa en anteriores lexislaturas se confeccionou pero non se logrou aprobar, e agora son os gobernantes actuais quen teñen a obriga de continuar nese traballo.
Calquer outra medida que toque e afecte a esa partida non vai contar con informes técnicos favorables, e isto foilles advertido ós gobernantes actuais tanto polos grupos da oposición como en diferentes informes da Secretaria municipal que non se podía facer un Regulamento para repartir a productividade sen perxudicar ós funcionarios que ata a data a viñan cobrando, pero fixeron caso omiso, e agora queren culpabilizar a outros dos seus erros.
Dín tamen, dende o Goberno, que os sindicatos están dacordo co regulamento que se aprobou, e dende o grupo popular consideramos que é normal que estén a favor xa que é unha gran mellora para os traballadores municipais. Outra cousa ben diferente é que sexa legal.
A proposta e a iniciativa foi presentada ó Pleno polo Concelleiro de Persoal (BNG) e aprobada cos votos exclusivos do Goberno municipal (BNG-PSOE-ART), non poden agora culpabilizar a outros gobernos do que eles están a facer mal.