Según os datos que nos facilitou o Goberno do peche das Contas do ano 2016 a información que viñeron dando nos últimos tempos está mais preto da mentira que da realidade.
Así puidemos contrastar como os tan anunciados 50.000€ para Fomento de Emprego do que o Alcalde votou meses a falar como un dos pilares da súa xestión topámonos con que tan só destinou a este fin un 10%, é decir 5.300€, este foi todo o esforzo con cartos municipais que este Goberno destinou a fomentar o emprego.
Tamén nos topamos con que o Sr Represas que dicía que non cobraría por ser alcalde, durante o ano pasado destinou para ó seu bolsillo mais de 15.000€. Isto a maiores das seis adicacións que teñen os concelleiros do goberno e o custe dos asesores xurídico-administrativos que están a contratar.
Na mesma liña está o asunto dos cartos que dicían ían aforrar como goberno, e que chegado finais do ano 2016, demostrouse que non lles chegou o diñeiro presupostado que era de algo mais de 262.000€. E así deixaron sen contabilizar 12.000€ que neste ano 2017 levaron a un recoñecemento extraxudicial e que se corresponden a gastos de asistencias dos concelleiros durante os meses de xullo, novembro e decembro do ano pasado que nin contabilizaron nin pagaron.
En definitiva, toda a publicidade que fixo o Goberno durante meses do seu “compromiso de promover medidas encamiñadas ao fomento do emprego no municipio, habilitando no orzamento unha partida de 50.000 euros para subvencionar a creación de postos de traballo, eliminando o soldo do Alcalde” quedou todo en nada, como casi todo o que promete este Goberno.