O Alcalde deu conta no Pleno municipal dos datos enviados ó Ministerio correspondentes ó 1º trimestre deste ano 2017, e foi nese momento cando os concelleiros da oposición puidemos acceder ós mesmos, non deixando de sorprendernos a información errónea que contiña o documento enviado.
Xa pasaron mais de dous meses que a mesma foi remitida ó Ministerio e o Concelleiro de Facenda non detectou que os datos informados conteñen varios errores de importante calado.
Estamos ante unha cuestión que non é a primeira vez que sucede, e que o Goberno non detecta, e so reaccionan cando o grupo popular os pon en aviso para que procedan a corrixir os erros, porque o concelleiro responsable da área económica non revisa, nin antes, nin durante, nin despois do envío.
Temos que recordar que no Concello de Ponteareas non hai un orzamento para este ano 2017, e están traballando cun orzamento prorrogado, que non se axusta para nada a realidade económica do concello, e isto xa quedou reflectido no ano pasado que o orzamento entrou en funcionamento no mes de xullo e durante os 6 meses “de vida” que tivo sufriu mais de 40 modificacións que o Goberno levou a cabo.
Pois ben, os datos que facilitou o Goberno ó Ministerio e ós Concelleiros da oposición indican que para este ano os Ingresos van superar os 28 millóns de euros, mais do doble da realidade, cando isto é totalmente irreal e o dato correcto é 13,7 millóns de euros.
A maiores “falsearon” a información que facilitaron ó Ministerio na parte que afecta ó Remanente de Tesourería, dando un resultado positivo cando é imposible porque a finais do ano pasado este valor era negativo en -1,5 millóns euros, e agora en tres meses, sen levar a cabo ningunha medida económica non pode pasar a ser positivo.
A realidade é que o Concelleiro de Facenda non está realizando o seu traballo correctamente na área económica, que é súa responsabilidade, e un claro exemplo é que entre as obrigas que teñen por lei está a de facilitar información económica veraz e nos prazos que está marcado, e resulta que non o están facendo, e isto en calquera momento pode ter consecuencias desfavorables para o noso Concello