- Había 192.000€ que o Goberno gastou no ano pasado “escondidos nos caixóns” e que agora “afloraron” coa modificación orzamentaria
- O Goberno ten unha sentenza firme dende fai 14 meses sen contabilizar e sen pagar. E solicitaron un aprazamento a 2 anos para o pago da ETAP e incumpriron o 1º pago.
Ante as manifestacións feitas polo Concelleiro de Facenda no día de hoxe en diferentes medios de comunicación, o PP sae o paso para desmentir as verbas do concelleiro, porque fala de que se viron obrigados a facer unha modificación do Orzamento deste ano para recoller unha Sentenza e unha débeda da construcción da ETAP, pero en cambio non mencionan para nada que 192.000€ dos que incluiron nesa modificación pertencen a facturas do ano 2016 por gastos que acometeron eles mesmos sen ter cartos.
A sentenza da que fala o concelleiro de Facenda, correspóndese cunha obriga coa empresa Construccións Crespo por importe de 200.000€, que non foi pagada no ano 2006 porque naquel momento o Estado obrigou ó Concello a facer fronte primeiro ós 11 millóns € que se debían a Seguridade Social, por elo foi imposible atender a mesma en prazo. Anos mais tarde a empresa acudiu ós tribunais e a sentenza firme saiu en marzo do ano 2016, xa nesta lexislatura, incluso bastante antes de que o Concelleiro elaborase o Orzamento 2016, pero ainda que tiña a obriga de incluir esta débeda no orzamento e pagala de xeito prioritario, non o fixo, e agora quere culpabilizar a outros.
Por outro lado, estaría unha débeda de 138.000€ da construcción da ETAP, importe para o cal o goberno anterior solicitara un aprazamento por ter que facer fronte a un pago inesperado, como foi a sentenza da empresa Construccións Vale a finais do ano 2014 por importe de 600.000€, data na que tiña que haber pagado a ETAP. Neste mesmo asunto, o que nos resulta curioso é que este Goberno que critica ó PP por pedir un aprazamento, non explica ós veciños, que a finais do ano 2015 cando lles reclamaron a débeda da ETAP, eles tamén solicitaron un aprazamento comprometéndose a pagar en dúas veces, o 30/sep/2016 e o 30/xuñ/2017, e o primeiro pago incumprírono, porque no ano 2016 non pagaron nin un euro dos comprometidos.
Estos son os gobernantes que tratan de xustificarse acusando a outros, cando a xestión dende fai 2 anos é exclusivamente deles. E coa modificación orzamentaria que o concelleiro levou a cabo neste ano por mais de 530.000€, de obrigas de anos anteriores que tiñan “escondidas”, pon en evidencia a “veracidade” das Contas que presentan, e a realidade é que a situación económica ó peche do ano 2016 é aínda peor do que reflicten as contas.