O diálogo e o consenso que pregoa o alcalde quedan unha vez mais en evidencia ó impedir que se debata no Pleno unha Moción do PP

 

O diálogo e o consenso que pregoa o Sr Represas é todo mentira, e sinon debería explicarnos porque sempre que lle interesa retira do debate nos Plenos as iniciativas que presentan os grupos da oposición.

No Pleno ordinario do mes de maio, o Alcalde non quixo que se debatise unha moción do Partido Popular que foi presentada xa fai 4 meses e que solicitaba que o Goberno destine para este ano 2017 mais cartos a subvencionar ós Clubes Deportivos, ós Centros Culturais e outras Asociacións que promoven actividades como Festexos, Feiras, etc., e tamén para que se aumente a partida de Emerxencia Social e do Banco de Alimentos municipal.

Represas, unha vez mais, aproveitou que faltaba un concelleiro da oposición para votar a retirada da Moción, impedindo así que unha iniciativa do grupo popular saíse adiante e iso que cando o BNG e o PSOE estaban na oposición pedían tamén que ós Clubes Deportivos se lles ampliase o importe a subvencionar ata 100.000€, e agora en cambio non queren aumentalo ata 75.000€ que é o que está a pedir o PP dende fai mais dun ano, porque dín que non hai cartos, cando sí teñen para contratar outro tipo de servizos.

Como para este ano non teñen orzamento, senon que prorrogaron o do ano pasado, dende o PP consideramos que as partidas son insuficientes, e así pedíamos para Centros culturais e Clubs Deportivos que as subvencións chegasen a 75.000€ ó ano, e tamén que se ampliase o importe para axudas de emerxencia social ata 100.000€ e para o Banco de alimentos municipal pedíamos outros 25.000€, e xa finalmente, unha partida de 75.000€ para subvencionar a outras asociacións que realizan actividades no noso municipio como festas, feiras e outras, que dan vida o no Concello e fan que perdure a identidade cultural.

Esta moción foi dictaminada favorablemente pola Comision informativa e incluida polo Alcalde na orde do día do Pleno para o seu debate e votación. Pero finalmente él mesmo, durante a celebración do Pleno e despois de ser debatida decide retirala, facendo alarde “dictactorial” ó ter a todos os grupos da oposición en contra, porque está “coartando as propostas alternativas plantexadas polos grupos da oposición”, e que cando él mesmo estaba na oposición pedía que fosen debatidas. Por esta actitude antidemocrática e pouco dialogante do Sr Represas os concelleiros do PP abandonaron o Pleno.

En definitiva, xa non é solo que o Goberno non queira incrementar no orzamento estas partidas senon que dependendo qué grupo presente a Moción e dependendo o asunto a tratar acepta o debate ou non, sen un criterio lóxico e xustificado, e así busca a maneira de cortar calquer iniciativa que se lles propoña, a pesares que de cara ó exterior, pregoan de ser dialogantes e de querer que a oposición se implique aportando iniciativas para consensuar.