Un ano mais as herbas e a maleza dominan os parques, xardins e rotondas en Ponteareas

 

Veciños de Ponteareas de diferentes zonas, levan nos últimos días manifestado multitude de queixas polo abandono que un ano mais presentan os laterais das rúas e os parques e xardíns, que volven un ano mais a estar sen desbrozar e nun estado lamentable.

Podemos falar do entorno do Parque forestal Ferro-Ucha, no que a suciedade as malas herbas e incluso o mobiliario denotan unha total deixadez por parte do Goberno, e que non é algo puntual senon que pasou a semana santa na mesma situación, dando unha imaxe lamentable tanto para os nosos veciños como para os visitantes.

O mesmo sucede coa rotonda da N120 onde as herbas pasan por enriba do mobiliario urbano, ou o que sucede no Regato da Venda ou no Paseo da Freixa.

Do mesmo xeito encóntranse as parroquias do noso municipio, cunha falta de mantemento e sen previsión de que isto mellore.

O Alcalde que é o concelleiro de medio ambiente non se preocupa e ainda por riba as contratacións que veñen da Deputación, e que este ano son mais de 35 persoas, destináronas unha vez mais a ocupar postos administrativos e de despachos, deixando de lado a área de medio ambiente que debía ser reforzada con brigadas de traballadores que se dedicaran a desbrozar e a limpar tanto no casco urbán como nas parroquias.