O Concelleiro de Persoal e o Goberno actuaron ó marxe da legalidade na tramitación do expediente da praza de Técnico de Intervención

Unha vez mais non deixan de sorprendernos as manifestacións que fai o Concelleiro de Persoal, o Sr Alonso, en relación o trámite que fixo o Goberno para incrementar o soldo da praza de Técnico de Intervención, sostendo agora que está todo correcto e que o informe desfavorable da Secretaria non vale porque é “extemporáneo”.

Dende o PP levamos meses advertíndolle que a tramitación non era a correcta, porque este expediente iniciouse en maio do ano pasado, e xa naquel momento na celebración da Comisión Informativa pediuse o Alcalde que incluise un informe da Secretaria porque o expediente non estaba completo, pero este negouse e levou o asunto ó Pleno.

Aínda así os concelleiros do PP solicitaron directamente a Secretaria municipal o informe en cuestión, pero o Alcalde retrasou a súa entrega todo o que puido, concretamente quince días dende que a Secretaria o rematou, e neste caso tal e como supúñamos era desfavorable.

A tramitación no Pleno continuou e despois da aprobación inicial no mes de maio, presentáronse alegacións, nas que novamente o PP fixo fincapé no informe desfavorable que había da Secretaria municipal, pero novamente o Alcalde convocou a Comisión Informativa para desestimar as alegacións e facer a aprobación definitiva.

Nesa última Comisión Informativa, dado que todos os grupos da oposición (PP, ACIP e EU) estaban en contra, o asunto retirouse e o alcalde dixo que non iría ó Pleno, pero cal foi a nosa sorpresa e a de todos os concelleiros da oposición que chegado o día do Pleno o Alcalde meteu o expediente pola vía de urxencia, aproveitando que faltaba un concelleiro da oposición e aprobouno co seu voto de calidade.

Por tanto, criticamos agora as manifestacións do concelleiro de persoal, por dicir que o informe é extemporáneo e non estaba para a aprobación inicial, pois claro porque eles mesmos o impediron, pero posteriormente na aprobación definitiva sí estaba e ainda así obviárono.

E tamén criticamos as manifestacións do concelleiro de persoal que acusa o PP de “querer entorpecer o bo funcionamento do Concello, para que non conte co persoal necesario”, cando é totalmente falso, xa que a praza de Técnico de Intervención xa existe na Plantilla dende o ano 2010 e se non foi convocada en oferta pública é porque este goberno non quixo, xa que no mes de abril do ano pasado toda a oposición lle pediu ó Alcalde que en vez de incrementarlle o soldo á praza primeiro ofertásea públicamente, co cal de habelo feito xa a finais do ano pasado estaría cuberta, así que se alguén “entorpeceu” foi o propio concelleiro e o Alcalde.

Ainda así, antes de ir o Xulgado, o PP presentou un Recurso de Reposición no Concello, pero como o Alcalde non contestou, a única vía legal que nos quedou foi acudir ó Xulgado, porque o que non vamos a consentir é que se actúe fora da Lei, cousa que a este Goberno non lle importa.