O Xulgado Contencioso Administrativo de Pontevedra, ven de comunicar o Partido Popular en Ponteareas que admite a trámite o Recurso Contencioso-Administrativo interposto contra a resolución ditada polo Concello de Ponteareas sobre o acordo plenario aprobado en data 30/nov/2016, no que se modificaron e incrementaron as retribucións da praza de Técnico de Intervención e se amortizou unha praza de Oficial 3ª Oficios varios, tendo o informe desfavorable da Secretaria municipal.
Os concelleiros do PP ante as continuas irregularidades que se están producindo no Concello con este equipo de goberno presidido polo Sr Represas, viuse na obriga de acudir ó Xulgado para poder defender os dereitos que temos como membros da Corporación municipal e para poder defender os intereses de veciños e veciñas do noso municipio.
A forma de actuar na actualidade polos gobernantes que ocupan o Concello está totalmente en contra da defensa dos intereses xerais, e pretenden que os restantes grupos que estamos na oposición apoiemos iniciativas que non contan cos informes técnicos favorables, producíndose unha indefensión total.
Deste xeito sucedeu coa tramitación do expediente en cuestión, que foi iniciado no mes de maio de 2016 e que despois de multitude de variacións e votacións en contra por parte dos grupos da oposición (PP, ACIP e EU) que incluso obrigaron a que se retirara nunha ocasión o asunto do Pleno sen aprobar, finalmente o Alcalde logrou o seu obxetivo, cando aproveitou a celebración dun Pleno ordinario no mes de novembro, no que faltaba un concelleiro da oposición e introduxo o punto pola vía de urxencia e logrou aprobalo co seu voto de calidade como alcalde, tendo en contra a toda a oposición.
Dentro do prazo que se fixa para recurrir os acordos plenarios e antes de ir o xulgado, o grupo municipal do PP presentou no Concello un Recurso de Reposición para que o alcalde resolvese o problema que presentaba este expediente de modificación do soldo da praza do Técnico de Intervención que levou a Secretaria municipal a informar desfavorablemente.
Ante a falta de resposta en prazo por parte do Alcalde a este Recurso de Reposición, a única opción legal que nos quedaba era acudir o Xulgado, e agora alegrámonos de que este admitise a trámite a nosa denuncia.