O 21 de marzo de 2017 celebrouse un Pleno ordinario no que foi aprobada unha Moción do PP na que se lle da un prazo de 3 meses ó Goberno para que rebaixen os impostos, tal e como acordou a Corporación municipal xa fai 9 meses e que o Goberno non fai.
Estamos ante un Alcalde que actúa de xeito irresponsable porque ten a obriga de executar os mandatos do Pleno e non o fai, e iso que eles mesmos, BNG e PSOE, votaron a favor. Xa non se lembran que cando estaban na oposición esixían que se cumprisen todos os acordos plenarios chegando incluso a pedir a dimisións, e agora que gobernan fan todo o contrario.
O ano pasado, no mes de xullo, por iniciativa do PP aprobouse no Pleno municipal (PP, ACIP, BNG e PSOE) o inicio dun expediente para que no Imposto de Plusvalías por herdanzas se introduxese unha bonificación do 95%, pero o Goberno, ata o momento, non levou a cabo esta rebaixa que podía estar sendo aplicada dende fai 9 meses e que favorecerá de xeito moi importante ós cidadáns de Ponteareas, porque con esta medida un veciño cando recibe unha herdanza dos seus pais non terá que pagar polo incremento do valor dos terreos e do patrimonio que recibe.
Tamén por iniciativa do PP, no mes de setembro do ano pasado, aprobouse no Pleno municipal (PP, ACIP, BNG e PSOE) que o Goberno iniciara un expediente para a redución do Imposto de Vehículos (IVTM) e do imposto de Construccións (ICIO), porque rematado o Plan de Saneamento en decembro do ano pasado, rematou tamén o pago das obrigas que orixinaron as subas destes dous impostos, e é momento de que se rebaixen esas cargas impositivas ós veciños.
O que nos resulta curioso é que os mesmos grupos que no ano 2013 votaron en contra de subir estes dous impostos (IVTM e ICIO) dentro do Plan de Saneamento e co fin de poder facer fronte o pago das obrigas que tiña o Concello e que rondaban os 13 millóns €, hoxe que están gobernando non queiran baixalos.
Ante a pasividade deste Goberno o PP voltou a presentar unha Moción porque non están executados os mandatos do Pleno, que indican que maioritariamente queremos que se lle rebaixen estes impostos, e non podemos consentir que por “deixadez” deste Goberno os veciños continúen pagando mais do que deberían. Onte unha vez mais, o PP logramos o respaldo desta iniciativa e quedou fixado un prazo máximo de 3 meses para que o Sr Alcalde resolva este asunto e se rebaixen estes impostos.