BNG, PSOE e ART rechazan reducir o importe do imposto para as herdanzas

A iniciativa do PP para que se aplique unha bonificación do 95% no imposto de plusvalías por herdanzas, presentada ó Pleno o 14 de xuño do ano pasado, foi avalada pola maioría dos membros da Corporación pero o Goberno non tramita o acordo e está perxudicando ós veciños

Na defensa da iniciativa o grupo do PP voltou a presentar no mes de xaneiro deste ano, oito meses mais tarde do acordo plenario, unha moción na que se esixe ó Goberno que nun prazo máximo de 3 meses poña en marcha a bonificación do 95% aprobada, porque é necesaria para os pontareáns que están a sufrir ese imposto no momento de recibir unha herdanza, que os obriga a dispor de cartos para facer fronte o pago do imposto cando na maioría dos casos non están a recibir cartos dos seus proxenitores, senon unha finca por exemplo.

Parece ser que o Alcalde, non considera isto importante e ainda non o incluiu na orde do día de ningún dos dous Plenos convocados, e iso que cando eran oposición constantemente afirmaban que os veciños estaban sufrindo cargas impositivas elevadas, e pola contra, agora que son goberno, dende fai case dous anos, non fan nada por remedialo e tampouco executan as iniciativas dos restantes grupos políticos.

O PP propuxo bonificar este imposto para herdeiros directos, tal e como contempla a Lei, e que nada ten que ver coa discusión que está na actualidade sobre a mesa con respecto ó Imposto de Plusvalías, que só afecta as plusvalías xeradas cando existe unha transacción económica, cousa que dista totalmente das herdanzas nas que o que se produce é unha transacción non económica, nen lucrativa, polo tanto isto é un tema social que o Goberno debe darlle solución.

En Ponteareas págase unha porcentaxe da herdanza que recibe un fillo dos seus pais, algo que non ocorre en moitos municipios do noso arredor e o único responsable é o Goberno tripartito. Polo tanto en Ponteareas queremos que as familias se vexan tamén bonificadas no imposto municipal, e non queremos que haxa familias que teñan que renunciar a súa herdanza por non poder pagar o imposto.