No departamento de Intervención xa fai un ano que se podía contar cun técnico, pero o Goberno optou por non convocar a praza

Dende o PP queremos aclarar as manifestacións feitas polo Alcalde estes días en relación á contratación dun interventor interino, porque novamente trata de culpabilizar a outros da súa nefasta xestión co persoal.

Os primeiros responsables de que o departamento económico esté bloquedo por falta de un funcionario con capacidade para fiscalizar os documentos son os do propio Goberno, e concretamente do Concelleiro de facenda e persoal, porque fai mais dun ano que o PP “aconselloulle” que convocaran a praza existente na plantilla  do Técnico de Intervención, que ainda sendo un escalón inferior á de Interventor, podería cubrirse cunha persoa con categoría suficiente para asumir as funcións que agora se demandan, pero unha vez mais o Goberno fixo “caso omiso” da proposta dos populares e quixeron cubrir a mesma “a dedo” sen éxito ata a data.

O Sr Represas afirma que o problema de que non se cubra a praza de Interventor é debido ó soldo da mesma no Concello de Ponteareas, cuestión esta que dende o Partido Popular consideramos que non é determinante xa que no mesmo caso está a praza da tesoureira municipal, que tamén ten un soldo mais baixo que noutros concellos e que en cambio sí está cuberta dende fai anos por unha funcionaria habilitada, ou a praza de Secretaria municipal.

En calquer caso, se este goberno tripartito considera que o soldo é o que determina que se cubra ou non a praza de interventor, levan case dous anos gobernando e puideron incrementar o importe da mesma, do mesmo xeito que o fixeron para a praza do Inspector de Policía ou do Técnico de Intervención, prazas que en ningún dos casos chegaron a cubrir.

Tampouco estamos dacordo con que sexa unha praza que require un maior esforzo de traballo, sendo mais ben que o que require son os coñecementos para poder ocupala, e tampouco que  a “mala fama” da xestión económica deste Concello sexa o que pon en entredito que un funcionario acepte ou non cubrir a praza, posto que non temos mais que ver que durante os últimos dez anos a praza de interventor sempre estivo cuberta por un habilitado nacional.

Xa finalmente enviamos unha mensaxe a este Goberno, “o trato que están a recibir os funcionarios non é aceptable” e todo aquel que pode “escapa”, xa se viviu isto mesmo nestes meses de goberno tripartito no departamento de Policía, no de Bombeiros, na Secretaría municipal e agora na Intervención, co cal consideramos que o Goberno debe facer unha reflexión.