-O PP solicitou que se convoque unha Comisión Informativa co fin de que nos informen do número de matriculados que na actualidade están sen recibir clases polas baixas de profesorado sin sustituir.
Ante as queixas postas de manifesto nas últimas semanas, tanto polos alumnos do Conservatorio de música como polos pais dos mesmos, o grupo municipal do PP ven de solicitar que o Alcalde convoque unha Comisión Informativa na que se nos facilite información detallada do profesorado e do número de alumnos que reciben clases de música.
Nesta comisión a Concelleira de Ensino, deberá aclarar de xeito puntual a situación sufrida de baixas de profesores de varios instrumentos nos últimos meses, como piano, violín e oboe, que deixou sen clases durante semanas a moitos alumnos, producindo unha merma moi importante na calidade do servizo que viña prestando dito centro.
Do mesmo xeito que queremos coñecer as medidas que vai tomar o Goberno e concretamente a Concelleira deste área para que isto non volva a suceder, así como reclamaremos que se lles devolvan os cartos cobrados a aqueles alumnos ós que non se lles impartiu clase durante moitas semanas.
Por outro lado, puidemos constatar que existe moito descontento entre o profesorado, que se senten “acosados” por este Goberno, chegando incluso algún concelleiro a “invitalos a coller a baixa”, e en resume consideran algúns dos profesores que o trato que reciben é discriminatorio con respecto a outros. Todo isto tamén queremos que remate, polo ben do Centro.
En definitiva, cremos que este Goberno está en contra do Conservatorio de música e non lles importa que a calidade do servizo que se presta se vexa reducido. Un centro de música que era un referente no noso entorno e que durante os anos que leva funcionando ten promocionado a moitos alumnos que na actualidade son profesionais recoñecidos da música corre o risco de convertirse nun centro cunha actividade pésima.