O PP insta ó Goberno local a que continúe co Saneamento de Bugarín, Padróns e Arcos

 

Do Pleno Ordinario de febreiro, suspendido polo Alcalde, quedaron 14 mocións do PP sen debater, entre elas ía unha Moción para que o Concello incluíra no Plan de Obras e Servizos de Concellos 2017 cunha dotación de 1.144.952,94€ e con cargo aos fondos propios procedentes a maiores do PIE con 2.400.000€ distintos proxectos de obras de ampliación da rede de saneamento nas parroquias de Bugarín, Prado, Padróns, Guláns, Couso… e a pavimentar os accesos aos núcleos de poboación como o barrio de Cillarga, entre outros, e os accesos ás vivendas que non contan con pista asfaltada.

En vista da proposta que fai o goberno municipal de distintos proxectos técnicos de obras previstos a executar con cargo ao Plan de Obras e Servizos de Concellos 2017 e que van a ser tratadas na correspondente Comisión Informativa de Vías e Obras, inclúen soamente a IIIª fase de saneamento da parroquia de Prado e a reposición do saneamento da Avda. de Galicia, que sumadas ás demais obras que se inclúen en dito Plan, alcanzan un importe total de 523.318,98 euros, polo que quedan por executar da Liña I uns case 200.000 euros.

En vista do mínimo esforzo que está a cometer o Goberno Local co saneamento das parroquias do concello, dende o Partido Popular de Ponteareas solicitaremos na Comisión Informativa de Vías e Obras a inclusión na partida pendente de executar, uns case 200.000 euros, se inclúan novas fases nos saneamentos xa iniciados como nas parroquias de Bugarín, Padróns e Arcos.