O PP esixe ó Goberno a baixada de impostos aprobada polo Pleno fai 8 meses

 

 

O PP presentou unha moción ó Pleno ordinario que se celebrará esta semana para que o Goberno execute de xeito urxente os acordos que a Corporación municipal aprobou xa fai meses para que se aplique unha bonificación do 95% no Imposto de Plusvalías, que se reduza o Imposto de Construcións (ICIO) nun 80% e o Imposto de Vehículos (IVTM) nun 12%, e o Goberno municipal tampouco executa eses acordos.

No Pleno ordinario celebrado o 14 de xuño de 2016 a Corporación municipal con 16 votos a favor de PP, PSOE e BNG,  1 Voto en contra de EU e o Sr. Troncoso de ART que non se pronunciou,  aprobouse incluir na Ordenanza de Plusvalías unha bonificación do 95% na cota para aqueles casos de trasmisións a título lucrativo, e que beneficiará ás herdanzas de país a fillos, para evitar que o herdeiro teña que pagar por un patrimonio que recibe dos seus país.

E tres meses despois, o 13 de setembro de 2016, a Corporación municipal aprobou con 19 votos a favor (BNG, PSOE, PP e ACIP), e 2 abstencións dos Sres.Troncoso Rodriguez (ART) e Costas Vila (EU), a proposta do PP para que se reduxeran o IVTM (Imposto de Vehículos) e o ICIO (Imposto de Construccións) porque xa remataba o Plan de Saneamento en decembro de 2016 que foi o que motivou dita subida.

Estamos ante un Goberno que afirma ser transparente e participativo e en cambio non tramita os acordos adoptados pola maioria da Corporación nestes dous Plenos que seguen sen estar aprobados porque o Goberno oito meses despois non tramitou os expedientes, a pesares de votar a favor dos mesmos.

E finalmente, ó PP resúltalle curioso que os mesmos grupos políticos, BNG e PSOE, que votaron en contra de subir os impostos no ano 2013 dentro do Plan de Saneamento, agora estean pondo “trabas” a reducilos.