- Os informes técnicos e a valoración para a maquinaria retirada do servizo de recollida do lixo, son os mesmos que contiña o expediente deixado polo Goberno Popular en maio de 2015 e pendente de traer ó Pleno
Esta semana celebrouse un Pleno Extraordinario que a pesares de non levar mais que tres asuntos porque o Alcalde non quixo atender a petición do resto dos grupos da oposición para tratar mocións que están moi atrasadas, o resultado do mesmo podemos calificalo de satisfactorio.
Un dos puntos que se aprobaron cos votos de toda a Corporación municipal, foi a “interpretación do contrato da recollida do lixo” no relativo a valoración da maquinaria retirada do servizo no ano 2015 tal e como fixa o Contrato, e que lle corresponde facelo ó Pleno como Órgano de Contratación que é.
Do mesmo xeito que se aprobou tamén o valor desa maquinaria retirada e a súa aplicación dentro das amortizacións que se produzan ata o remate do contrato, e con carácter retroactivo a xaneiro de 2015, grazas a aportación que fixo o grupo municipal do Partido Popular vía unha “enmenda de engadido” que complementou a proposta que se debatía.
Dende o PP alegrámonos que se de por rematado este asunto, e resúltannos curiosas as afirmacións que fixo a Sr Represas estes días, cando dí que “grazas a eles desbloqueouse unha situación que estaba xudicializada e que presentaron ó Pleno unha Proposta que soluciona o problema”, porque isto é totalmente falso, xa que este asunto da maquinaria non é o que está no xulgado e a proposta que presentaron ó Pleno é a mesma que tiña o PP en maio de 2015, cos mesmos informes técnicos e coa mesma valoración, pero que o Sr Represas non quixo ata agora traer ó Pleno, poñéndose de parte da empresa e non dos intereses xerais do Concello, o cal demostrouno durante todos estes meses tratando de que a Corporación municipal aceptase valoracións da maquinaria moi inferiores.
Tamén é importante destacar que esta valoración de 108.000€, moi superior á que ofrecía a empresa FCC de 22.000€, logrouse grazas a contratación dunha empresa externa no ano 2013, polo anterior Goberno popular e que foi tan criticada pola oposición naquel momento e sigue sendo na actualidade polos que agora son goberno, e que os resultados son moi positivos para o concello, porque só neste asunto da “maquinaria retirada” xa se conseguiu un beneficio de 86.000€, pero queda todavía por resolver o custo da “maquinaria nova” e a “revisión de prezos dos anos 2011 a 2016”, que según os informes que xa tíñamos en maio de 2015 suporá un aforro a maiores de mais de 800.000€, e que estamos a espera de que este Goberno traia ó Pleno.