-O PP solicitará no Pleno do mes de febreiro que se aumenten as partidas económicas deste ano 2017 para axudar as persoas mais desfavorecidas, e que melloren as subvencións as diferentes asociacións e ós clubes deportivos.
O PP critica ó Concelleiro de Facenda e ó Alcalde porque un ano mais no Concello de Ponteareas prorrógase o orzamento, e iso que BNG e PSOE fartáronse de criticar durante os últimos anos ó Goberno popular, a pesares de que eran coñecedores da imposibilidade que tiña o Concello para elaborar un orzamento, porque a Lei impedíao, sen antes darlle cobertura ó remanente negativo de tesourería.
A situación de “imposibilidade legal” para a elaboración dun orzamento, rematou no momento en que o PP puxo en marcha e aprobou as medidas do Plan de Saneamento para os anos 2014 a 2016, que ademais de permitir facer fronte as débedas históricas do noso Concello logrou tamén dar cobertura a ese remanente negativo de tesourería, co cal a partir dese momento “calquer goberno” no Concello de Ponteareas está en disposición de elaborar un orzamento dentro da legalidade, pero os grupos políticos que agora gobernan é a segunda vez que demostran ser incapaces de facelo para iniciar o ano.
O grupo popular, que está en contra do orzamento aprobado a mediados do ano 2016, porque as partidas non se axustan a realidade e a primera proba delo é a multitude de modificacións orzamentarias que lle fixo este goberno nos últimos meses, ven de propor unha moción ó Pleno do mes de febreiro co fin de que se inclúan partidas suficientes para atender as necesidades das diferentes asociacións e centros culturais do noso municipio.
E para este ano 2017 no que xa rematou a retención do 50% no PIE que viña facendo o Estado ó Concello para devolver os cartos que anticipara para o Plan de Pago a Proveedores. O remate desta retención supón que o Goberno local a partir de agora terá 2,5 millóns de euros mais cada ano que recibe do Estado e que poderá destinar a mellorar servizos.
O PP solicita que se incremente a partida das Axudas de Emerxencia social de 90.000€ que está na actualidade ata 120.000€, para poder atender as familias mais desfavorecidas, do mesmo xeito que se reforce o Banco de alimentos municipal cunha partida de 25.000€. Para os Clubes deportivos e os Centros Culturais, solicitamos que se pase dunha axuda de 40.000€ ata 75.000€, e finalmente que se reserve unha partida de 75.000€ para poder cumprir co acordo plenario do 17/xan/17 no que se aprobou crear unas bases de subvencións de carácter xeral que poidan atender as necesidades daquelas asociacións que non encaixen nas subvencións que xa existen.