En Ponteareas hai un Goberno de esquerdas que continúa coas políticas do Partido Popular

 

Nas últimas declaracións que fixo o Goberno nos medios de comunicación, resulta curioso que xustifiquen a falta de xestión no ano e medio que leva gobernando, desacreditando para elo a función que está a facer o partido popular como grupo da oposición.

A pesares das falsas acusacións que sostén o Sr Represas, os concelleiros de PP están a cumprir sobradamente co papel que lles corresponde dende a oposición, facendo control do goberno e fiscalizando as súas actuacións, amais de presentar multitude de propostas e iniciativas para mellorar o Concello, iniciativas que o propio Goberno trata de “anular”, porque o Sr Represas e o seu equipo non acaban de entender que ser “Goberno” non é facer “oposición ós grupos da oposición”, senon xestionar o Concello en defensa dos intereses xerais do mesmo.

Pasados 19 meses, o balance da xestión deste Goberno, despois das “promesas de cambio” que fixeron, non se pode cualificar de positivo, porque non deixan de ser un goberno continuista coas políticas iniciadas polo PP na lexislatura pasada e o único que demostraron ata agora e ser incapaces de crear as súas propias iniciativas que deixen ver ese cambio que pregoan.

No ámbito urbanístico, queren atribuirse os méritos de aprobar o PXOM cando se non chega a ser pola responsabilidade do PP que votou a favor, o documento non estaría aprobado porque parte do Goberno votou en contra do mesmo. Un documento que estaba totalmente finalizado cando o tripartito tomou posesión en xuño de 2015 e dado que estaba informado por todos os organismos sectoriais foi imposible que se fixeran modificacións no documento, co cal na aprobación do PXOM non existe ningún mérito atribuible a este Goberno, porque non fixeron ningunha nova xestión sobre o mesmo.

E nestes momentos resulta moi criticable, que os mesmos que levan anos acusando ó PP de actuar o marxe da legalidade e saltándose informes de patrimonio, da confederación hidrográfica, etc, sexan os que agora “esquecen” de obter as correspondentes autorizacións para as obras que fan, e en vez de correxilo ou asumir o seu erro, acusan ó PP de “y tú más”.

No eido económico, suman ó seu balance a mellora económica do Concello cando o único que fixeron foi continuar coas medidas postas en marcha por un goberno popular, e rematar así o Plan de Saneamento para os anos 2014 a 2016, sobre o que non fixeron ningunha modificación e iso que PSOE e BNG, cando eran oposición, votaron en contra do mesmo.

Tamén se senten orgullosos coa aprobación do orzamento para 2016, que o fixeron no mes de xullo, totalmente a destempo, e que nos 6 meses que estivo en vigor sufriu multitude de modificacións, unhas levadas a Pleno e outras feitas por Decreto do Alcalde. E para mais contradición con esta óptima xestión, inician o ano 2017 cun orzamento prorrogado.

No relativo a labor do PP como oposición, Solla afirma que “somos un grupo coherente” con aqueles temas que son bos para Ponteareas e para o noso Concello e deste xeito levamos votado a favor de calquer iniciativa do Goberno neste sentido, e tamén somos o grupo da oposición que mais iniciativas leva presentado ó Pleno nestes meses, totalmente contrario o que afirma o Sr Represas.

Continúa o portavoz do PP, facendo referencia as principais iniciativas que trataron de por en marcha e que toparon coa oposición do Goberno para ser executadas, como foi a reducción dos impostos (IVTM, ICIO e Plusvalías) que rematado o Plan de Saneamento podía facerse a partir deste ano 2017 e que o Goberno opúxose, tamén se buscou mellorar o documento de Orzamento con propostas que foron rexeitadas, como incrementar ou cando menos manter as subvencións ós Clubes deportivos, ós Centros Culturais ou as Axudas de Emerxencia ós mais desfavorecidos.

En definitiva, se queremos facer un balance dos meses deste goberno de esquerdas, deberíamos dicir que se instalou en Ponteareas un goberno populista, que contribue a xerar confusión en calquer asunto, que non dialoga, que non é transparente e que basea a súa xestión en manter un pulso constante co grupo maioritario da oposición.