O Goberno penaliza un ano mais ós veciños sen reducir os impostos

 

-O IVTM, o ICIO e o Imposto de sucesións/Plusvalías poderían reducirse porque rematou o Plan de Saneamento, pero o Goberno non o fai.

-O IPC redúxose nos últimos dous anos un 1%, e os Impostos e Taxas están se actualizar, co cal os nosos veciños están a pagar mais do que deberían.

Mañá celébrase o último Pleno ordinario deste ano e o Goberno non inclúe na orde do día a rebaixa no Imposto de Vehículos (IVTM), nen a rebaixa no Imposto de Construccións (ICIO), e nada tampouco do acordo plenario de bonificar nun 95% o Imposto de Plusvalías.

Hai outros moitos impostos e taxas que están sen actualizar dende fai ó menos dous anos, e posto que o IPC redúxose nun 1%, o efecto sería favorable para os cidadáns de Ponteareas que pagarían menos, pero a desidia deste Goberno é tal que non o fan.

Despois de que pasaran suficientes meses para que o Goberno tripartito de Ponteareas estea ben “asentado no seu cargo”, os veciños danse conta que os concelleiros do BNG, do PSOE e ART xa se esqueceron das promesas electorais que lles fixeron no que atinxe á redución dos impostos. Levan gobernando tempo máis que suficiente como para teren reducido os impostos que anteriormente cualificaban de “abusivos” e dos que dicían que ían en contra da reactivación da construción e do emprego, e agora dende que gobernan, por iniciativa propia, non os reduciron.

A concelleira do PP, Belén Villar, considera que o esforzo pedido ós veciños durante os 3 últimos anos para contribuír co saneamento das contas municipais remata este ano o rematar tamén a devolución dos cartos que o Estado prestara ó Concello para pagar as facturas que se lle debían ás empresas e autónomos.

Para nós, afirma Villar, é curioso que os mesmos grupos políticos, BNG e PSOE, que votaron en contra de subir os impostos (IVTM e ICIO) no ano 2013 dentro do Plan de Saneamento, cando a situación económica do Concello era moi complicada, agora sexan os mesmos que están pondo “trabas” a reducilos, sobre todo cando o Plan de Saneamento que levou á Corporación municipal a aprobar esas medidas xa rematou neste mes de decembro, co cal este Concello agora está en disposición de reducir o IVTM (Imposto de Vehículos), o ICIO (Imposto de Construccións) a valores do ano 2013, e ó Imposto de Plusvalías aplicarlle a bonificación acordada no Pleno dun 95%, e en cambio, este Goberno non o fai e vai penalizar ós veciños mantendo os impostos un ano mais.