-O Alcalde atribúe méritos ó seu goberno que non lle corresponden, porque a realidade é que as medidas que permitiron pagar a totalidade das obrigas foron postas en marcha polo anterior goberno popular, e como eles non fixeron ningún cambio, o resultado final é o mesmo que si continuara gobernando o PP.
No día de hoxe os medios de comunicación fanse eco das últimas declaracións do Goberno local, en relación ó remate das retencións que dende fai catro anos o Estado ven aplicando ó noso Concello para a devolución dos mais de 8 millóns € que no ano 2012 serviron para pagar ós proveedores e autónomos que ainda quedaban pendentes e que formaban parte dunha débeda histórica que no ano 2005 chegou a superar os 24millóns €.
Unha vez mais, estamos ante un Goberno “que vende fume”, porque igual que noutras cuestións, atribúese méritos que non lle corresponden, xa que na redución das obrigas non fixeron nada mais que continuar coas medidas aplicadas no Plan de Saneamento 2014-16 aprobado polo PP na anterior lexislatura e sen que este Goberno lle cambiase “nin unha soa coma”, e a pesar de que no ano 2012 votaron en contra do mesmo.
Para Solla, estamos ante un Goberno que “minte” cando trata de culpabilizar ó PP das obrigas, e o Sr Represas sabe perfectamente que no Concello de Ponteareas, xa no ano 2003 cando gobernaban PSOE-BNG había millóns de euros pendentes de pago, e o paso polo goberno deles mesmos non serviu para reducir nin un só euro a débeda existente, senon todo o contrario, tan só en 11 meses incrementaron mais de 3 millóns€ as obrigas, chegando a cuantificarse no ano 2005 obrigas con empresas por mais de 24 millóns €.
Fala agora o Sr Represas dos elevados intereses que tivo que pagar o Concello por estas últimas obrigas, e dende o PP recordámoslle que non pensaba o mesmo no ano 2012 cando votou en contra do Préstamo que nos ofrecía o Estado a 10 anos cuns intereses moito mais baixos, quizais porque nese momento o único que lle importaba era “asfixiar” ó goberno popular. E tampouco pensaba nos elevados intereses cando o seu grupo tivo posibilidade de pagar parte desas obrigas e non o fixo, o que houbese permitido aforrar a este concello dez anos de intereses.
Do mesmo xeito temos que “refrescarlle a memoria” ó Sr Represas, que se queixa de que nestes meses que leva gobernando o Estado lles retivo 3,2 millóns € o que mermou a capacidade de gasto e de inversión no concello, pero esquece facer referencia a situación vivida no concello nos 4 anos anteriores, onde o goberno popular devolveu ó Estado 6,8 millóns €, e si nos vamos os anos 2004 a 2007, o goberno popular devolveu ó Estado mais de 8 millóns € cos seus intereses que correspondían as obrigas coa Seguridade Social que gobernos anteriores ó de Solla, entre os que tamén está o BNG e o PSOE, deixaron sen pagar.
Xa para rematar, dende o PP decirlle ó Goberno que o que sí deberían explicar ós veciños, é porqué non cumpren na súa totalidade o Plan de Saneamento, en concreto, no relativo a rebaixa nos impostos IVTM (imposto de vehículos) e ICIO (imposto de construccións) para o ano 2017, tal e como estaba previsto e comprometido polo anterior goberno popular, e que coincidía co remate do Plan de Saneamento neste mes de decembro.
Por último, lamentamos a “desidia” deste Goberno na reducción dos impostos que vai provocar que os cidadáns de Ponteareas durante o ano 2017 teñan que seguir pagando mais impostos, a pesar de que o PP solicitouno no Pleno municipal fai varios meses, e a pesar de que eles mesmos criticaban os elevados impostos que agora que gobernan non baixan “dándolle a espalda” ós veciños.