Ante as últimas declaracións realizadas polo Sr. Represas en relación á carencia de espazos públicos destinados a distintos colectivos sociais, nas que culpa, unha vez máis, ao PP de “malgastar sen control e sen gastar nin un so euro en novas dotacións e locais”, o portavoz do PP, Salvador González Solla dille ao Sr. Represas que deixe de mentir, porque a realidade é ben distinta, posto que nos últimos 11 anos investíronse mais de 5 millóns de euros neste tipo de infraestructuras.
Durante estos anos cun goberno popular, creouse unha importante “Rede de Centros Culturais” que a día de hoxe os veciños e colectivos poden desfrutar, e isto a pesar da difícil situación económica que atravesaba o Concello, pero era prioritario ir dotando de locais públicos aos distintos colectivos onde puideran desenvolver as súas actividades, máxime cando moitas das parroquias carecían dun mínimo local no que poder reunirse.
Deste xeito, leváronse a cabo obras de nova construción, de ampliación e de mellora de máis dunha vintena de casas socio-culturais en distintas parroquias como Bugarín, Prado, Arcos, San Mateo, Moreira, Guillade, Fozara, Ribadetea, Guláns, Pías, entre outras.
Tamén se puxeron a disposición distintos locais para a Cruz Vermella, Asociación de Maiores de Ponteareas, Veciños de San Vicente-Canedo e Asociación ADAPTA, así como o arranxo dos locais da Feira Vella para ensaios dos distintos grupos musicais de Ponteareas.
Ademais destas inversións e posta a disposición de locais o PP tamén puxo en marcha axudas económicas destinadas a apoiar o mantemento e funcionamento dos mesmos, así como plans culturais e formativos para activar as actividades nos diferentes locais.
Solla tamén sae ao paso das manifestacións que fai o Sr. Represas no relativo a “malgastar cartos públicos”, recordándolle que quen sí está malgastando cartos públicos é o seu goberno con multitude de contratacións con empresas externas, moitas delas sen xustificación, e pola contra non fixeron ningunha nova inversión nos centros culturais, nin tampouco incrementaron as axudas ós colectivos en xeral.
Durante a tramitación do PXOM continuouse traballando neste eido e recolleronse no documento diferentes terreos municipais para dotacións futuras, amais de que se asinaron varios convenios, como a cesión dos terreos onde se construíu o instituto do Barral, a pista polideportiva do IES Pedra da Auga, o Parque Ferro Ucha, ademais dos terreos para a construción da futura nova escola infantil, entre outros.
Para rematar, dende o PP queremos dicirlle ao Sr. Represas e ó seu goberno, que vai sendo hora de que cumpran as súas promesas electorais e se deixen de escusar e culpar de todo ao anterior goberno municipal, porque agora son eles os que teñen que cumprir os compromisos adquiridos, e non o PP.