A retribución do Técnico de Interventor ten os informes da Secretaria e do Interventor desfavorables

 

  • O Alcalde e o seu equipo que presumen dunha xestión transparente e de consenso, “ocultan” os informes desfavorables e non teñen en conta a opinión do resto da oposición nin dos sindicatos.

O Alcalde sae nos medios de comunicación facendo afirmacións que non o son tal, en relación a Praza de Técnico de Intervención para a cal no día de onte aprobou incrementarlle as retribucións ata 42.000€/ano.

O Sr Represas fala de que todos os grupos da Corporación consideran que “é fundamental cubrir esa praza”, pero esquece dicir, que estamos dacordo en cubrila pero tal e como está na Plantilla actualmente non cunha suba do salario para a mesma dun 32% porque produce un agravio comparativo moi grande co resto dos traballadores do Concello, amais de que se agudizan todavía mais as diferencias salarias, cuestión que estes mesmos concelleiros do BNG, PSOE e ART, que hoxe son Goberno, cando estaban na oposición sempre criticaron.

Tamén se esquece mencionar o Alcalde que os grupos da oposición ainda que estamos dacordo en que a praza se cubra, a tramitación debe ser cunha convocatoria pública, con publicidade suficiente para que calquer persoa coa formación que se require poida acceder libremente, e non do xeito que este Goberno quere contratar, asignándolla “a dedo” a unha persoa. Son os mesmos concelleiros que falaban de que ían acabar coas políticas “caciquís” e “clientelares” que existían no Concello de Ponteareas.

E xa a parte mais importante e que tamén o Sr Represas se esquece de mencionar, é que o expediente que levou onte ó Pleno e aprobou cos votos exclusivos dos membros do Goberno e o seu voto de calidade como Alcalde, ten en contra a todos os grupos da oposición (PP, ACIP e EU), tampouco conta co apoio dos sindicatos, non foi levada esta “nova valoración” da praza a Mesa de Negociación e conta cos Informes da Secretaria e do Interventor desfavorables.

Polo tanto, ainda que dí o Alcalde que “non é unha nova valoración” senón que “se correxiu un erro na cifra aprobada inicialmente” é totalmente falso, xa que cambian todas as retribucións complementarias (complemento específico e complemento de destino) que se aprobaron inicialmente.

E ainda que o Alcalde trata de xustificar esta subida salarial nun 32% pola maior responsabilidade que ten o posto ou pola dispoñibilidade, todo isto xa estaba valorado na praza existente, e non facía falta incrementalo.

En canto á urxencia en contratar que manifesta o Alcalde, xustificando a recente aprobación do programa europeo EDUSI, recordarlle o Sr Represas que dentro do proxecto hai unha partida de mais de 250.000€ para poder contratar técnicos cualificados de “xeito temporal” e mentras dure o programa, non sendo necesario incrementar o salario dunha praza que xera mais custe laboral para o Concello e mais diferencias salariais.

O grupo Popular porá en coñecemento do Tribunal de Contas e do Xulgado as actuacións que se están a levar a cabo no noso Concello por este Goberno, que actúa “fora da Lei” a sabendas e “esconden” os informes técnicos cando lles convén, co cal xéranlle o resto dos concelleiros unha inseguridade xurídica ó descoñecer si os acordos que se adoptan cumpren coa legalidade.