O Goberno volta a modificar o Orzamento 2016 e aproba subir o salario da praza de Técnico de Intervención

 

  • O Alcalde que presume dunha xestión transparente e de consenso, “enganou” ós concelleiros da oposición, porque onte na Comisión Informativa acordou retirar a modificación da praza, e hoxe aproveitando que faltaba un concelleiro, decidiu mantelo na orde do día e aprobouno co seu voto de calidade, a pesares da advertencia da Secretaria municipal.

No día de hoxe, celebrouse as 9:00h un Pleno Extraordinario convocado polo Alcalde, para tratar de xeito urxente tan só dúas propostas. Por un lado, unha nova modificación do Orzamento 2016 recentemente aprobado, e por outro lado, a aprobación definitiva do incremento salarial para a praza de Técnico de Intervención.

Un Pleno que non era necesario celebrar se este Goberno actuase con previsións e con orde nos asuntos que pretende sacar adiante, xa que a modificación orzamentaria por mais de 649.000€ que levou agora, ben podía evitarse, se hubesen incluido esas obrigas durante o trámite do Orzamento 2016 tal e como lles pedíamos os concelleiros do grupo popular, porque todas esas obrigas eran coñecidas no ano 2015.

Neste caso da modificación Orzamentaria o Grupo Popular votou a favor porque actuamos con responsabilidade polo ben dos intereses deste Concello ó permitir con este acordo continuar coa tramitación das medidas que están dentro do Plan de Saneamento 2014-16 elaborado na lexislatura pasada. Ainda que, afirma Belén Villar, despois do “ninguneo” e “desconsideración” que o Goberno tivo con este grupo no trámite do Orzamento, ben se merecía un voto en contra.

A segunda Proposta que aprobaron neste Pleno, cos votos en contra de todos os grupos da oposición (PP, ACIP e EU) e coa que están en contra tamén os sindicatos, fai referencia á modificación no Cadro de Persoal, para incrementar as retribucións a unha praza de Técnico de Intervención, que na actualidade está baleira, e que pasa de custar 32.000€ a custar 42.000€, e que este Goberno non quere cubrir cunha convocatoria pública, senón que vai “dala a dedo”.

O que non ten explicación é cómo os concelleiros do BNG, os do PSOE e ART, votaron a favor deste incremento salarial e de amortizar unha praza dun oficial 3ª dos colexios, cando paralelamente levan meses contratando empresas externas para facer mantemento das instalacións nos colexios, do mesmo xeito que fai poucos meses tamén amortizaron unha praza de electricista e agora están contratando un traballador a través dunha empresa privada a que lle pagan 21.000€ o ano por facer traballos de electricista, mais do doble que a calquer traballador do Concello.

Tampouco ten xustificación que os concelleiros do Goberno aproben un expediente de incremento das retribucións dunha praza de Técnico de Intervención cos informes desfavorables da Secretaria e do Interventor municipais, a pesares de ser advertidos no propio Pleno pola Secretaria, o cal constitúe unha ilegalidade. E non aceptaron esperar a que a Secretaria emita un informe, que finalmente foi solicitado polos concelleiros do PP, ante a negativa do Alcalde a pedirllo.

O grupo Popular, non vai consentir que neste Concello se instaure a “dictadura” do Sr Represas, nin vai consentir que as ilegalidades, a sabendas de que se están cometendo, queden impugnes, e porá en coñecemento do Tribunal de Contas e do Xulgado as actuacións que se están a levar a cabo no noso Concello por este Goberno.