O Goberno fará unha nova modificación Orzamentaria non para saldar obrigas, senon para cumprir co Plan de Saneamento 2014-16

 

-As partidas que propón o Alcalde na modificación orzamentaria podían estar incluidas no Orzamento 2016 se fixesen caso as propostas do PP, porque todas elas xa eran coñecidas xa no ano 2015.

A única verdade manifestada polo Goberno esta semana nos medios de comunicación é que van facer unha nova modificación do Orzamento que aprobaron fai catro meses, e que ven a demostrar unha vez mais que non incluiron as partidas necesarias, tal e como lles advertiu o PP nas diferentes reunións.

Neste caso, van cumprir co indicado no Plan de Saneamento 2014-16 elaborado polo goberno popular na anterior lexislatura, e non porque voluntariamente o queiran facer, senon porque é obrigatorio.

Se levan agora unha partida de 511.000€ para “dar cobertura orzamentaria” a facturas é porque non o fixeron cando debían, e dicir co orzamento 2016. E ainda así, ó Sr Represas esquéceselle dicir que este importe non é suficiente porque lle seguen faltando mais de 380.000€ que non levan e que tiñan de prazo para facelo dende xuño do ano pasado  ata decembro deste ano, mais de 18 meses, e non o fixeron.

Tal e como sempre sostivo o PP, a finais de 2016 remata o saneamento do Concello, e remata o pago ó Estado do anticipo de 8,24 millóns € que este lle fixo ó Concello de Ponteareas, e que se pudo devolver grazas as medidas incluidas e postas en marcha na lexislatura pasada e que están recollidas dentro do Plan de Saneamento 2014-16. O que parece agora “incomprensible” é que grupos que votaron en contra queiran agora atribuirse as melloras económicas, cando no tempo que levan gobernando non cambiaron “nin unha coma” no Plan de Saneamento nin do Plan de Axuste.

A outra partida que este Goberno inclúe na modificación orzamentaria é para contabilizar parte da aportación municipal que lle corresponde asumir ó Concello pola construcción da Estación de Tratamento de Agua Potable (ETAP), que o Goberno actual ten “enriba da mesa” dende finais do ano pasado e “nen pagaron” nen incluiron no Orzamento 2016. Unha obriga que non se pudo asumir na lexislatura pasada, porque o goberno anterior viuse obrigado a solicitar un aprazamento cando recaeu no ano 2014 unha sentenza sobre o Concello que condeou a pagar mais de 600.000€ á empresa Construccións Vale.