A Concelleira de Seguridade dirixe a Policía sen coñecer cales son as prioridades do servizo

 

-A Concelleira Vanesa Fernandez minte cando afirma que a súa prioridade é cubrir as prazas vacantes, porque o que nos demostrou nestes últimos 16 meses é que primeiro está gastar 50.000€ nunha praza de Inspector e amortizar dúas de Policías.

O portavoz do Partido Popular resposta as manifestacións feitas pola Concelleira de Seguridade, Vanesa Fernández, en relación as prazas vacantes da Policía, nas que afirmaba que non foron convocadas por culpa do anterior goberno do PP.

A Sra Fernandez, que despois de 16 meses sendo a responsable da seguridade no Concello de Ponteareas ainda hoxe non definiu cales son as prioridades do servizo da Policía e vai “dando tumbos” con acordos que adopta un día e o seguinte anula, quere agora culpabilizar ó goberno anterior da súa ineficacia.

O Goberno do PP no ano 2010, creou prazas de Policía no Orzamento porque consideraba que eran necesarias e que as que existían non eran suficientes para garantir a seguridade da cidadanía dun pobo con preto de 24.000 habitantes. E se posteriormente non se cubriron, foi porque o goberno popular nos últimos catro anos priorizou a súa xestión na reducción das débedas para o cal fixo unha política de contención do gasto, grazas o cal hoxe podemos dicir que o Concello de Ponteareas terá a finais deste ano déficit cero.

E a pesar que a Concelleira afirma agora que a súa “primeira prioridade” é convocar as prazas vacantes da Policía local, segundo Solla, isto é totalmente falso xa que a prioridade desta concelleira dende fai moitos meses, foi crear unha praza de Inspector de Policía con 50.000€ de gasto e amortizar dúas prazas de Policías.

O PP venlle advertindo todo este tempo que a praza de Inspector non é necesaria, e que primeiro debería cubrir as prazas vacantes de Policías e non amortizar ningunha. Do mesmo xeito que debería regular as prazas de segunda actividade da Policía, expediente que o grupo popular deixou tramitado e negociado cos sindicatos no mes de maio de 2015 e que a Concelleira ten “parado” dende fai mais dun ano.

E de feito foron as peticións e aportacións que fixo o Partido Popular ós Orzamentos do ano 2016 en materia de persoal para a Policía, xunto co servizo de Bombeiros para o cal se solicitaba que se creasen mínimo dúas novas prazas, pero en ambos casos o Goberno non tivo en consideración.