A mellora nas Contas obedece ó Plan de Saneamento 2014-16

 

-O Sr Floreal, concelleiro de facenda, atribúese méritos no saneamento das contas cando non se lle coñece ningunha medida posta en marcha dende o seu nombramento.

Nos pasados días os medios de comunicación fixeron eco das últimas declaracións do concelleiro de facenda, o Sr Floreal, en relación a mellora da situación económica no Concello de Ponteareas motivada pola reducción nas débedas e os concelleiros populares queren aclarar o dito para que a veciñanza non sexa enganada.

Neste caso é a concelleira do PP, Belén Villar, quen sae o paso das manifestacións nas que o Sr Floreal acusa ó goberno popular de haber escondido facturas durante anos, para decirlle que ó contrario do BNG e do PSOE, que nos últimos 10 anos non fixeron mais que “entorpecer”, o grupo popular supo levar a cabo a mellor xestión económica para reducir as débedas coas que se atopou dende que Solla accedeu a Alcaldía no ano 2004.

Non é certo que hubese facturas escondidas, continúa a concelleira, senon que había facturas gastadas por outros gobernos, entre os que tamén estaban o PSOE e o BNG, que non tiñan cabida no orzamento, motivo polo cal foi obrigatorio, nesta última lexislatura, facer un Plan de Saneamento econ-fin que incluise medidas correctivas a aplicar durante 3 anos que permitisen aforrar e así poder pagar esas facturas.

O Sr Floreal esqueceuse que foi o PP quen elaborou ese Plan de Saneamento para os anos 2014 a 2016, e quen o puxo en marcha, sen o apoio do BNG e do PSOE.

Do mesmo xeito que se esquece o concelleiro de facenda, que se existe melloría nas contas municipais, si se reduxeron as débedas e si diminue a “débeda viva” non é grazas a eles, senon as políticas implantadas polo goberno do PP, xa que despois de 15 meses gobernando continúan a aplicar as mesmas medidas do Plan de Saneamento aprobado polo PP e ó concelleiro de facenda non se lle coñece ningunha actuación económica posta en marcha para reducir as obrigas.