A incapacidade do Concelleiro de Facenda e Persoal para desenvolver as áreas que dirixe é palpable

 

  • A falta de seriedade deste concelleiro lévao a facer promesas e alardes de grandes feitos que logo nen se cumpren nen son verdade.

 

O grupo popular sostén que o Concelleiro de Facenda e Persoal voltou a demostrar a súa total incapacidade para xestionar as áreas que dirixe, non defendendo a proposta de modificación orzamentaria que él mesmo firmou e presentou ó Pleno extraordinario celebrado esta semana.

Neste caso, o concelleiro nacionalista o Sr Floreal, firmou e logo non foi quen de defender unha proposta que pretendía por un lado modificar o Orzamento 2016 que él mesmo confeccionou e por outro lado reducir parte dos cartos que comprometeu cós traballadores e ós sindicatos para a RPT (relación de postos de traballo) nas diferentes reunións e mesas de negociación.

As prioridades que ten este concelleiro nas súas áreas non se corresponden coas que ten este Concello, de feito da mais importancia a aumentar no orzamento unha partida de 50.000€ para Festas cando xa teñen 200.000€, que a incrementar os cartos para destinar á valoración da RPT, e iso que o Sr Floreal xa o prometeu no ano 2015 e neste ano en varias ocasións, afirmando nas reunións de negociación con sindicatos que estaría rematado o documento en abril deste ano.

Tampouco ten como prioridade pagarlle ós funcionarios a Paga Extra do ano 2012, que dende primeiros deste ano o Estado xa autorizou a facelo, e en cambio este Goberno vai ser un dos últimos en devolverlle eses cartos os seus traballadores.

E non considera importante que os Policías estén sen cobrar parte do seu soldo dende fai 8 meses, ou Policías en idade de estar en 2ª actividade sen estalo, ou os bombeiros facendo horas extra para cubrir o servizo porque os efectivos son insuficientes e en vez de pagarlles ou  convocar as prazas baleiras prefire priorizar nunha contratación dun Inspector de Policía, que é totalmente innecesario, co consecuente gasto a maiores de 49.000€.

Outra das accións contradictorias que protagonizou este concelleiro foi a amortización de varias prazas de funcionarios entre as que está unha de electricista que agora suplen contratando unha empresa externa que custa mais de 18.000€.

Está mais que claro que o Sr Floreal, concelleiro de persoal, non sabe priorizar, non é serio porque incumpre os acordos que acada e demostra coas súas actuacións que é totalmente incapaz para desenvolver as áreas que dirixe.