O Goberno plantexa modificar o Orzamento 2016 un mes e medio despois de aprobado definitivamente

 

-A modificación orzamentaria que plantexa o Goberno é principalmente para poder gastar mais en Festas, reducindo para elo a asignación económica da RPT.

 

O Sr Represas convocou este venres un Pleno extraordinario a celebrar o próximo luns día 22 de agosto as 9:00h, para tratar de xeito urxente unha modificación do recentemente aprobado Orzamento 2016.

É incrible, afirma a portavoz do Partido Popular, Belén Villar, que o Concelleiro de Facenda e o Alcalde, que alardeaban de ser “grandes xestores”, un mes e medio despois de aprobado definitivamente o Orzamento 2016, elaborado por eles mesmos e “vendido” como un documento realista, que acabaría coas modificacións orzamentarias, que remataría coas “sorpresas” de novas obrigas e “facturas no caixons”, plantexan agora unha modificación do mesmo para contabilizar facturas do ano 2015 e que tiñan “escondidas” e para gastar mais en festas.

Para o grupo popular, continúa a concelleira do PP, é incoherente que plantexen reducir o importe reservado no orzamento para a RPT (Relación de Postos de Traballo) para gastalo en Festas. E resulta “curioso” que os membros deste Goberno BNG-PSOE-ART estén dacordo en incrementar os gastos dos festexos en 50.000 € pasando a ter mais de 250.000 € e en cambio non doten con mais medios económicos as partidas sociais, como a axuda de emerxencia, ou a partida para vivendas sociais, ou para comedores escolares e incluso para o emprego. Isto demostra una vez mais que este Goberno está a facer unha “política de xestos” e non unha “política de feitos”.

Outra parte da modificación orzamentaria é para facer un recoñecemento de facturas do ano 2015 que o Goberno tiña “escondidas” por importe de 44.000 € e que agora non lles queda mais remedio que afloralas á contabilidade se queren pagalas.

Estamos ante un Goberno que se contradice constantemente e que gasta mais do que este Concello pode asumir. A mostra está en que do contabilizado no ano 2015, superaron o límite do gasto en mais de 364.000 €, importe o que agora hai que sumarlle os 44.000 € que tiñan “escondidos”, é dicir mais de 400.000 € gastados sen control e que fan que por 1ª vez este Concello incumpra coa Lei de Estabilidade Orzamentaria.