O Goberno retira do Pleno Extraordinario a proposta de incremento salarial da praza de técnico de intervención

  • Un expediente relativo a retribucións do persoal, que non conta cunha valoración económica xustificada, que ten o informe desfavorable da Secretaria municipal e que por segunda vez foi votado en contra por todos os grupos da oposición.
  • Non é a primeira vez que o Alcalde leva ó Pleno expedientes cos informes desfavorables, incurrindo nunha ilegalidade.

O mércores día 17 de agosto, celebrouse Comisión Informativa de Réxime Interior onde o Goberno local pretendía continuar co trámite dun expediente relativo a incrementos nas retribucións dunha praza de Técnico de Intervención, pero todos os grupos da oposición votaron en contra porque non existe unha valoración económica do incremento que se propón e porque ten o informe da Secretaria municipal desfavorable, co cal o asunto tivo que ser retirado da Orde do día do Pleno Extraordinario que se celebrará o próximo luns día 22 de agosto as 9:00h.

Xa foi no Pleno ordinario do mes de maio, cando se aprobou “inicialmente” a modificación desa praza de técnico de intervención que xa existía no cadro de persoal, para incrementarlle as retribucións en 16.000€, pasando a custar ó Concello 48.000 € o ano. Todo elo cos votos exclusivos do Goberno e necesariamente o voto de calidade do Alcalde porque todos os concelleiros da oposición posicionáronse en contra.

Os concelleiros do Partido Popular, afirma Salvador González Solla, votamos desfavorablemente porque aínda que sí consideramos que se debería cubrir esa praza vacante de Técnico de Intervención, o incremento das retribucións que plantexa o Goberno excedese do que se entende xustificado e non é legal fixar un salario de xeito subxectivo como están a facer, e tamén votamos en contra porque naquel momento faltaba un Informe da Secretaria municipal que o Alcalde negouse a pedilo, informe que posteriormente foi incorporado ó expediente a petición do PP, e este é desfavorable.

Despois de tres meses co expediente parado o Alcalde decidiu continuar co mesmo, e sen resolver o informe desfavorable que ten da Secretaria municipal quería no  pasado mércores que a Comisión Informativa dictaminase o asunto para desestimar todas as alegacións que se presentaron no período de exposición pública, tanto as presentadas polo PP como as do resto dos grupos da oposición e as dos sindicatos, todas elas en contra de eliminar unha praza de Oficial de 3ª adscrita ós colexios para destinar eses cartos a incrementar o custe dunha praza de Técnico de Intervención en mais de 16.000€, que ademais este Goberno tripartito BNG-PSOE-ART pretenden dar “a dedo” e non convocar públicamente.

Con este tipo de accións, demostran unha vez máis que non están a facer as cousas ben e que non buscan ningún tipo de consenso nas súas decisións, mostra delo é que teñen a todos os grupos da oposición e ós sindicatos en contra desta medida e o Goberno non acepta ningunha das suxerencias que se lle facilitan.