- Os concelleiros de IU, PP e ACIP votaron en contra de levar ó Pleno a «aprobación definitiva do Orzamento 2016» por ter informes técnicos desfavorables, e solicitaron o Alcalde que faga os cambios necesarios indicados nos informes da Secretaria e do Interventor municipais.
A pesar de que a proposta de “aprobación definitiva do Orzamento 2016” levada polo Goberno á Comisión Informativa a semana pasada foi rexeitada por ter os informes desfavorables da Secretaria e do Interventor municipais, por todos os concelleiros da oposicón (PP, ACIP e IU), o Alcalde incluiu o asunto para o Pleno que se celebrará maña.
Isto é novamente, unha mostra da aptitude irregular que dende fai meses ven adoptando o goberno tripartito no noso Concello, facendo caso omiso ós informes técnicos, que ainda advertíndolles que deben subsanarse diferentes cuestións no documento, os membros do Goberno continúan o trámite como si nada ocurrise.
Os concelleiros populares, afirma Belén Villar, nunca van votar a favor dun expediente cando os informes técnicos advirtan da existencia de irregularidades, como é o caso. E pensamos que os restantes membros da oposición, tanto do grupo ACIP como de IU, non van estar dispostos a asumir este tipo de ilegalidades nas que o Goberno se mete e van a posicionarse votando en contra no Pleno, do mesmo xeito que o fixeron na Comisión Informativa.
O Alcalde en vez de completar a documentación que falta e facer os cambios que sexan precisos no documento para que os novos informes técnicos sexan favorables, o que fai é continuar co trámite de aprobación do Orzamento 2016, e desestimar todas as alegacións que se presentaron, a pesares de ter informes técnicos desfavorables, o que pon de manifesto a denuncia que vimos facendo dende fai meses os concelleiros do PP, que o Alcalde tramita expedientes sen ningún tipo de rigor, ocultando informes, impedindo que os técnicos informen sobre cuestións que sí o deben facer, e non facendo caso as advertencias de ilegalidade da Secretaria e do Interventor, co cal non ofrece ningunha garantía ao resto dos membros da Corporación municipal de que os asuntos que propón ó Pleno son legais.
Dado que esta situación de tramitacións irregulares repítese dende fai meses con este Goberno tripartito, e non atenden as alegacións feitas nen por os grupos da oposición nen por os sindicatos e ainda menos subsanan as advertencias de irregularidade que mencionan os técnicos nos seus informes, aos grupos da oposición, PP, ACIP e IU, aos Sindicatos e a calquer outro colectivo que se vexa afectado, vanse ver na obriga de recurrir a vía xudicial, vía recursos contenciosos, para lograr que o Goberno deixe de cometer irregularidades.