– O peche ao tráfico do casco urbano é unha actuación que afecta ao interés xeral dos veciños, e dende o PP consideramos que debe ser consensuada cando menos cos afectados e cos membros da Corporación municipal.
O Partido Popular de Ponteareas presentou por Rexistro do Concello unha comparecencia para que o Sr. Alcalde e a Concelleira de Seguridade, no Pleno que se celebrará o próximo 28 de xuño, dean explicacións de cales son as pretensións reais do Goberno Local no que respecta a peonalización do centro urbano e aclaren esta situación aos membros da Corporación municipal, que unha vez mais coñecemos a través da prensa.
O pasado 17 de maio, aparecía nos medios de comunicación baixo o título “Ponteareas decide cerrar al tráfico las calles Oriente, Esperanza y Plaza Mayor”, onde o goberno local xustificaba a medida co fin de establecer un maior control sobre a circulación de vehículos, quedando restrinxido o acceso á carga e descarga así como aos residentes e comerciantes, co fin de mellorar o entorno da Praza Maior, o que permitiría unha mellor actividade comercial, un uso para os viandantes e a mellora na seguridade.
Unha vez máis, como queda patente neste caso, este goberno que presume de consenso, de transparencia e de participación nos asuntos, convocou aos comerciantes e veciños afectados a unha reunión o día das Letras Galegas, en plena ponte festiva, e unha vez os medios de comunicación facían eco da iniciativa, co cal en ningún caso se tratou de buscar consenso cos afectados.
Esta forma é a forma de actuar deste goberno que se considera progresista, que din que gobernan para os veciños, que apoian o comercio local e a hostalería, e con actuacións como esta demostran que todo é unha mentira, tan só basta comprobar o gran malestar provocado con moitos sectores implicados e veciños en xeral.
Os populares solicitaron que no próximo Pleno, o Alcalde e á Concelleira dean explicacións desta medida, e nos aclaren se xa está tomada a decisión de pechar ao tráfico as rúas Oriente, Esperanza e Praza Maior, nos expliquen si existe algunha planificación da humanización desta zona en base a algún “Plan Integral de Humanización” ou a algún “Estudo” concreto realizado.
Tamén dende o PP queremos saber se tiveron en conta, antes de anunciar esta medida na prensa por parte da Concelleira de Seguridade, algunha medida alternativa a esta cuestión, que habilite algún sistema de accesibilidade á zona que se pretende pechar ao tráfico, e si é certo que a pretensión deste goberno local é a de pechar ao tráfico unha boa parte do casco urbano de Ponteareas.
Dende o PP consideramos unha falta de respecto emprender actuacións de xeito unilateral cun asunto de interés xeral como este, e no que cando menos deberían haber participado aos afectados desas zonas e os diferentes grupos políticos da Corporación.