- O Alcalde e o seu grupo de Goberno aprobaron no pasado Pleno Municipal un expediente sen os informes, que agora resultan ser desfavorables
No Pleno ordinario do mes de maio, o Sr Alcalde incluíu na Orde do Día un asunto relativo a incrementar as retribucións en 16.000€ dunha praza de Técnico de Intervención que xa existe no cadro de persoal dende o ano 2010, pasando a valorarse en 48.000 € ao ano.
Os concelleiros populares, despois de ver a documentación que formaba o expediente e comprobar que non existía informe nin do Interventor nin da Secretaria municipal, solicitou na Comisión Informativa ao Sr Alcalde que se incorporasen eses informes antes de elevar o asunto ao Pleno, pero o Sr Represas negouse a solicitarllos aos técnicos e convocou o Pleno sen completar o expediente e sen ditos informes.
Ante a negativa do Alcalde e como dende o PP entendíamos que o incremento das retribucións da praza de Técnico Intervención non era algo axustado a lei, dado que o grupo popular ten un terzo da Corporación, ten a facultade para pedir directamente informes aos técnicos municipais, con ou sen autorización do Alcalde, e así o fixemos, solicitamos un informe á Secretaria municipal que indicase favorable ou desfavorable a proposta do Alcalde para modificar as retribucións da praza.
Como para o día da celebración do Pleno, o informe da Secretaria non estaba, o grupo Popular, a pesares de estar a favor de que se cubra esa praza vacante de Técnico de Intervención, o seu votou foi en contra porque, afirma Solla, entendíamos que o incremento das retribucións, que pretendía o Goberno, excedíanse do que se entende xustificado e non era legal, amais de que se xeraban máis desigualdades salariais entre os traballadores municipais, e antes de incrementar o salario desa praza, primeiro debía o Goberno sacala a Concurso Público, co cal estaríamos aforrando cartos das arcas municipais.
A pesares de non contar cos informes que deran garantía aos concelleiros da Corporación Municipal de que o que se ía votar cumpría coa legalidade, o Sr Alcalde continuou co trámite e aprobou esa modificación no Pleno, cos votos exclusivos del mesmo e do seu grupo de Goberno, xa que todos os concelleiros da oposición votaron en contra.
Vinte días despois, recibimos da Secretaria municipal un informe desfavorable, co cal demóstrase, unha vez máis, que este Goberno está a facer as cousas mal, que a pesares de falar de consenso e transparencia, non fan nada diso, e está a levar expedientes incompletos ao Pleno e sen os informes técnicos necesarios, e dende o grupo Popular vimos advertindo esta situación que non é a primeira vez que se produce.