As obrigas da última sentenza eran coñecidas no Concello e polos Técnicos, de feito presentáronse varios recursos ante o Xulgado amparados polos informes do Asesor Xurídico

  • No ano 2006 o Concello viviu a peor situación económica e de liquidez da súa historia, e o Goberno do PP tivo que elexir entre pagar nóminas ou pagar ás empresas.
  • Cando se tramitou o Plan de Pago a Proveedores no ano 2012, onde se incluiron obrigas por mais de 8,5 millóns de euros, esta non puido meterse porque o Ministerio rechazouna ao estar sendo reclamada pola empresa no Xulgado.

 

O grupo municipal do PP en Ponteareas sae o paso das acusacións feitas nestes días nos medios de comunicación por parte do goberno local e mais concretamente do seu alcalde Xosé Represas que acusou ao goberno do partido popular de “nefasta xestión económica” nos últimos anos, e quere que a veciñanza deste municipio no se vexa enganada unha vez mais por un goberno que ante calquer cousa sempre recurre a culpabilizar ao anterior goberno, eximíndose eles de calquer responsabilidade.

Neste caso, a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, non é algo que non estivese contemplado nas nosas previsións cando gobernábamos, afirma Belén Villar, nen é ningunha “nova sorpresa” como afirma o Sr Represas, e ainda que intentamos incluir esas obrigas no Plan de Pago a Proveedores do ano 2012, onde se fixo fronte a mais de 8,5 millóns de euros, non foi posible porque o Ministerio non permitía obrigas que estivesen sendo reclamadas vía xudicial e das que non houbese senteza firme, como era o caso.

Por outro lado, no ano 2006 cando se orixinaron estas obrigas, non se puido pagar a moitas empresas, non só a que agora o Tribunal de Xustiza condea, e non foi posible facer fronte as mesmas porque o Concello pasaba pola peor situación económica e de liquidez da súa historia, tendo retido o 100% do que percibía do Estado e que naqueles anos supuña o 50% dos ingresos cos que contaba o Concello, debida esta retención principalmente aos mais de 10 millóns de euros que se lle debían a Seguridade social. E o goberno daquela, tivo que decidir entre facer fronte as facturas de empresas ou as nóminas dos traballadores, e decidiu atender primeiro as nóminas do persoal e pagar a seguridade social.

O goberno actual, BNG-PSOE-ART, non está en disposición de criticar ao anterior pola xestión económica, xa que os datos oficiais reflexan a melloría e a rebaixa nas débedas do Concello, que pasaron de 25 millóns no ano 2006 a 3 millóns na actualidade, e iso é grazas a xestión feita polo PP durante os últimos anos con Salvador González Solla como Alcalde, e non grazas a eles nen as súas políticas, porque ata o momento non se lles coñece ningunha medida económica que implantaran para mellorar o existente.