O Goberno de Ponteareas gastará 50.000 € en cubrir unha nova praza de Inspector de Policía

  • O goberno contou co apoio do concelleiro de EU para levar adiante esta medida que lle custará ao Concello preto de 50.000€ mais, e logo dín que “non hai cartos”.
  • O trámite deste expediente foi unha autentica “chapuza”, disfrazado baixo unha aparente urxencia que non existe, e que foi a desculpa que deu a concelleira de Seguridade para non consensuar a medida nen cos sindicatos nen co resto dos grupos políticos.

No Pleno celebrado esta semana, os concelleiros do goberno, BNG, PSOE e ART xunto con EU, votaron a favor de continuar co trámite para cubrir unha praza de Inspector de Policía no Concello de Ponteareas e gastar preto de 50.000€.

Os Concelleiros do PP, afirma Belén Villar, votamos en contra de que se gasten 50.000 € nunha praza de Inspector que entendemos non é necesaria, e que, por suposto, non é algo prioritario para o noso Concello, e menos ainda cando o Goberno segue a trasladarlle aos colectivos, asociacións e aos veciños que “non hai cartos”.

Estamos tamén “sorprendidos” de que grupos políticos como A Riada do Tea (ART) ou Esquerda Unida (EU) apoiaran esta medida e co seu voto permitan que este Concello gaste 50.000€ mais, e en cambio votaran en contra da proposta feita polo PP no mes de febreiro para incrementar os cartos  da Emerxencia social ata 120.000€.

A concelleira de Seguridade, Vanesa Fernández, non analizou correctamente a plantilla da Policía do noso Concello, porque si o fixera sabría que non son suficientes os funcionarios que alí traballan para cubrir os turnos de 365 días ó ano. E antes de falar de crear unha praza de Inspector de Policía, debería cubrir os postos que faltan de escala inferior, como as de Policías e as de Oficiais, e incluso crear as prazas de 2ª actividade que son obrigatorias por Lei.

Nesta mesma liña, son as reclamacións que lle están a facer os sindicatos nos escritos presentados, porque nin ela como responsable do servizo, nin o Concelleiro de Persoal se reuniron con eles para tratar estes asuntos.

Con isto queda demostrado unha vez mais, afirma Villar, que BNG-PSOE-ART están moi lonxe de ser un goberno de consenso, de diálogo, de participación e de transparencia.