- O Alcalde e o Concelleiro de Facenda levan mais de seis meses falando de que xa teñen o orzamento confeccionado.
- Dende o PP entendemos que o prazo que se marcou o alcalde pontareano para ter un orzamento para este ano xa está esgotado.
O equipo que goberna o Concello de Ponteareas non é verdade que tivese uns orzamentos para este ano 2016, a pesares de que leva meses afirmando que o documento está listo.
Despois de catro meses de xestión municipal deste ano 2016, as previsións que mantiña o Sr Represas de contar “inexcusablemente” cun orzamento non se cumpren e dende o PP cremos que é pouco ou nada probable que este goberno consiga ter un documento para aprobar, porque a día de hoxe tan só se celebraron dúas reunións cos grupos da corporación, e todavía hai moita da documentación que solicita a oposición que non foi entregada e moitas aclaracións por facer dun documento que nin o Concelleiro de Facenda, nin o propio Alcalde son capaces de explicar.
O PP é o único grupo que puxo propostas enriba da mesa nas dúas reunións as que fomos convocados, afirma Solla. Cuestións que entendemos non se poden pasar por alto como é o cumprimento do Plan de Saneamento 2014-16 que o Pleno municipal aprobou no ano 2013 para lograr a finais deste ano a débeda cero do noso Concello. Do mesmo xeito que reivindicamos que se nos aclare si o documento é legal porque descoñecemos si cumpre coa Lei de Estabilidade.
Despois de superado o primeiro trimestre deste ano, o PP cree que o goberno xa esgotou o tempo para aprobar un orzamento, e entendemos que hai partidas económicas que deben ser modificadas para poder atender as necesidades do Concello, é o caso das Axudas de Emerxencia Social, que nestes momentos só conta con 9.000 €, o cal é unha situación incomprensible no noso Concello tendo en conta que o ano pasado a partida que manexaba o goberno popular era de 60.000€.