-O Alcalde acusou ao PP dunha “herdanza” sen ter datos e non foi capaz de aportar a documentación que acreditase o que sostiña.
-Dos expedientes que estaban en trámite e dos recibidos nos últimos nove meses, tanto da Confederación Hidrográfica, como do Centro de Día, como da ETAP, etc, este Goberno non pagou ningún.
No Pleno ordinario deste mes de marzo celebrado o pasado martes día 15, foi incluida dentro da orde do día unha Comparecencia solicitada polo grupo municipal do Partido Popular para que o Alcalde explicase detalladamente a qué obrigas se refire cando fala dos 1,5 millons de euros que estaban “escondidos nos caixóns” e que proveñen da lexislatura pasada.
O Sr Represas dixo ante todos os membros da Corporación que gran parte da documentación que acredita a “famosa herdanza”, non a tiña porque non tivo tempo de recopilala dos diferentes departamentos, co cal leva meses acusando ao PP de descontrol económico, cando parece mais ben que é él mesmo que ten o descontrol porque non coñece os datos nin en qué situación se encontra cada expediente.
Por outro lado, quedou acreditado que o Goberno da pasada lexislatura non ocultou ningún tipo de documentación nin de obriga, e segundo os datos que nos facilitou, todos os escritos aos que se refería chegaron ao Concello por primeira vez despois de xuño de 2015, dende que gobernan BNG-PSOE-ART.
O mais curioso de todo é que durante os nove meses que levan gobernando BNG-PSOE-ART non lle deron solución a ningún dos expedientes dos que falan, que estaban uns en trámite, como é o caso da Confederación Hidrográfica ou o da aportación municipal para a construcción da ETAP, outros non se tiña constancia no Concello, como era o caso das liquidacións do Centro de Día ou da liquidación do PIE, e outras obrigas como a Estación de Autobuses que resultou ser unha gran mentira.
Polo tanto, afirma Solla, a xestión do PP foi correcta e en ningún caso se ocultaron facturas “nos caixóns” como nos acusou o Sr Alcalde en múltiples ocasións. E a maiores, según os datos facilitados polo Sr Represas na comparecencia do Pleno, este novo goberno non resolveu ningún dos expedientes que estaban en trámite nin pagou durante o ano 2015 nin no que vai do ano 2016 ningunha desas obrigas que lles foron reclamadas ao Concello dende que gobernan.