O Concello aumenta nun 83% o prazo de pago os seus proveedores ata os 64 días

-Ponteareas  incumpre a Lei de morosidade ao abonar as súas facturas por enriba do prazo legal.

-Increméntanse os días que tarda o Concello en pagar as súas facturas, dende os 34 días en que o facía no ano 2014 aos 64 días en que o fai agora.

No día de onte, no Pleno ordinario municipal do mes de marzo o Alcalde deu conta da Liquidación correspondente ao 4º trimestre do ano 2015 enviada polo Interventor municipal ao Ministerio, e na que entre outras cuestións pon de manifesto que a dinámica de reducción das débedas implantada polo Partido Popular na anterior lexislatura cambia radicalmente e con este novo Goberno BNG-PSOE-ART quedan as facturas sen pagar porque gastan mais do que este Concello pode asumir, co cal en vez de reducir as débedas, auméntanas.

Segundo Belén Villar, concelleira do Partido Popular, o ano 2015 foi peor que o ano 2014 para os proveedores e empresas que traballan para o noso Concello. Este ano 2015 pechou cun prazo medio de pago que se incrementou nun 83% con respecto ao ano anterior. En decembro do ano 2014 tardaba de media 34 días e un ano despois aumentouse ata os 64 días. Estando moi por enriba dos días que fixa a Lei de morosidade como prazo máximo para aboar as facturas.

O incremento da morosidade no Concello de Ponteareas cos autónomos e empresas explícase porque a ratio de operacións pendentes de pago aumentou, e isto ven a demostrar que as xestións que están a facer tanto o Concelleiro de Facenda como o Alcalde non son as mellores para continuar co saneamento deste Concello, e isto ven a corroborar, afirma a concelleira, o que levamos meses denunciando os concelleiros do Partido Popular, de que se está gastando mais do que se pode, e o primeiro indicador é este, que non son capaces de pagar todos os gastos nos que incurren.