-A convocatoria individual que nos fixo o Goberno foi un ”paripé” para xustificar que xa fixeron unha primeira reunión e que están negociando o presuposto.
-A realidade é que non existiu tal reunión, o Alcalde limitouse a darnos unha carpeta sen explicarnos nin detallarnos o que nos entregaba, non estaba nin o Concelleiro de Facenda que supomos é o responsable do documento, nin estaba o Interventor municipal, e tampouco nos aportaron ningún informe técnico.
O Goberno municipal saiu no día de hoxe nos medios de comunicación anunciando que acaban de aprobar na Xunta de Goberno a proposta de orzamento para o ano 2016 que xa teñen elaborado, cando nin é competencia dese órgano a aprobación deste documento antes do Pleno, nin é coherente con manter que “están abertos a escoitar todo tipo de propostas”, non sabemos para qué, si xa dín que o aprobaron.
Este Goberno continúa na súa liña de “terxiversar” calquer asunto que tocan, e isto fai que a portavoz do Partido Popular saia ao paso destas declaracións, para indicar que levar un borrador de presupostos a Xunta de Goberno é un “paripé”, primeiro porque este non ten competencias para aprobar este documento antes de ser levado ao Pleno municipal e despois porque é “insólito” levar a Xunta de Goberno un documento sen ningún informe técnico que o avale.
Segundo afirma a Concelleira do PP que acudiu á reunión é mentira que o Goberno presentara e explicara o presuposto. O que realmente fixo o Sr Alcalde foi citar individualmente a un portavoz de cada grupo para unha reunión onde nin estaba o Concelleiro de Facenda, responsable da área e supomos que responsable do documento, tampouco estaba o Interventor municipal e o único que alí estaba era o Sr Alcalde cunha carpeta que nos foi entregada sen mais explicacións.
A portavoz do PP que acudiu a reunión pregúntase se o Sr Alcalde pretende que os grupos da oposición valoremos o documento “borrador”, con partidas xenéricas e sen detallar, que nos entregou sen ningunha explicación, sen ningún informe técnico, documento que non sabemos si cumpre coa Lei de Estabilidade Presupostaria, nin se cumpre coa Regra de Gasto, nin sequera si este Concello pode aprobar un presuposto con un gasto de 12,8 millóns de euros como afirmaban hoxe nos medios de comunicación. Tampouco temos idea de cánto van a gastar no capítulo de persoal e xa finalmente e moi importante non sabemos si este documento cumpre co Plan de Saneamento e co Plan de Axuste que ten este Concello aprobados e que son de obrigado cumprimento.
Dada esta falta de rigor na entrega dun “borrador” do presuposto a Concelleira popular xa lle manifestou directamente ao Alcalde que o PP quere facer facer propostas para tratar de mellorar o documento pero para elo necesita primeiro conocer si estamos ante un documento que cumpre coa legalidade, e si realmente este Goberno quere facer partícipes a todos os grupos, queren gobernar para todos os veciños e queren cumprir co reglamento de Transparencia que se aprobou no Pleno, deben fixar un calendario de reunións con todos os grupos e onde, cando menos na primeira reunión, debe estar o Interventor municipal.