A moción que presentou o PP para nombrar unha rúa co nome de Rogelio Groba Groba era a do tramo Avda Galicia detrás do Concello

 

Os concelleiros do PP fai 6 meses presentaron unha Moción ao Pleno municipal para que a Corporación adoptase o acordo de nombrar unha rúa de Ponteareas co nome de Rogelio Groba Groba en recoñecemento ao seu traballo en pro da música e da cultura de Ponteareas.

Despois de consultadas moitas persoas da vila ao efecto, propúxose por amplio consenso que a rúa que mellor podía representar ao noso ilustre ponteareán sería o tramo da Avenida de Galicia entre a rotonda do cruce das Neves ata o entronque coa rúa Paseo Matutino.

O PP presentou dita Moción ao Pleno en setembro do ano pasado e o Sr Alcalde negouse a traer a mesma a debate ata o mes de febreiro deste ano, e tal e como nos ten acostumbrados, dentro da súa política de participación que según él rixe neste Concello con este novo Goberno, convertiu unha iniciativa do PP nunha iniciativa do Goberno, e propuxo un cambio de rúa para adicar ao compositor, pasando de ser a que propuña o PP dun tramo da Avda Galicia, a ser a actual rúa Dario Bugallal, rúa que está no lateral da casa consistorial.

Os concelleiros do PP no Pleno celebrado no mes de febreiro apoiamos finalmente a proposta que levaba o Goberno a pesares de que entendemos que non é procedente quitar o nome dunha rúa para por outro nome diferente, e seguimos crendo que a rúa con maior consenso para levar o nome do noso ilustre compositor era  o tramo da Avenida de Galicia entre a rotonda do cruce das Neves e o entronque coa rúa Paseo Matutino, xusto detrás da casa consistorial.