O PP non está de acordo con seguir pagando a FCC 126.000€ a mais polo servizo e tampouco con xerarlle mais costes ao Concello por non pagar a sentenza

  • O PP leva meses denunciando a pasividade deste goberno ante un expediente de FCC que está sen executar e que xa fai mais de 3 anos que se ven negociando coa empresa.
  • Os informes “favorables” dos Técnicos municipais e o do Concello Consultivo de Galicia obrigan a Corporación a aprobar a revisión de prezos, a pagar polo servizo 126.000 euros menos ao ano e a reclamarlle a FCC preto de 800.000 eu cobrados a mais, e o PP non vai a votar en contra destes informes.

O PP sae o paso das manifestacións realizadas polo Goberno local fixo no día de hoxe nos medios de comunicación con respecto ao contrato do lixo que o Concello ten coa empresa FCC, explicando porque se posicionou en contra de que o Goberno siga negociando coa empresa.

O portavoz do PP, Salvador González Solla, dí que despois de que a principios de outubro do ano pasado, fai mais de 5 meses, o PP presentara unha moción para que se executase o expediente de revisión de precios do contrato con FCC, debido aos costes a maiores que está supondo o servizo da recollida do lixo na actualidade para os nosos veciños, e dado que o Sr Alcalde non fixo nada durante todo este tempo ao respecto, o grupo municipal do PP viuse na obriga de solicitar un Pleno Extraordinario para tratar todos aqueles asuntos que o Sr Represas se nega a incluir nos Plenos dende fai meses, como é neste caso o tema da revisión de prezos do contrato do lixo que ten FCC.

Como neste caso o Alcalde tiña a obriga de convocar o Pleno solicitado polos concelleiros do PP fixou a data de celebración para o próximo luns día 7, e para evitar que saise adiante a Moción do PP que agora sí tiña que tratar obrigatoriamente, convocou outro Pleno Extraordinario 4 días antes do que se celebrará o próximo luns e incluiu un punto na orde do día no que propuña “iniciar unha negociación con FCC para solucionar as discrepancias”, co cal xa sabemos que o próximo luns votará en contra da Moción do PP.

A cuestión neste caso é por un lado, que as negociacións coa empresa FCC xa se veñen producindo dende hai mais de 3 anos, co cal consideramos que na actualidade é unha perda de tempo e un coste a maiores que está soportando o Concello que non debería, porque os informes tanto dos técnicos municipais como o informe do Consello Consultivo de Galicia obtidos polo goberno popular na anterior lexislatura avalan aprobar a revisión de prezos tal e como dí o PP e non como dí a empresa FCC,  e por outro lado, non entendemos porqué si o Goberno actual quería facer algún tipo de negociación non empezou xa fai 9 meses.

A cuestión é que dende o ano 2014 hai dúas sentenzas que condenan ao Concello a pagarlle a FCC un importe de 330.000 euros en concepto de intereses de demora e que xurdiron da reclamación que a empresa fixo a principios do ano 2013, despois de haber cobrado todo o que o Concello lles debía. E estas sentenzas xa formaron parte das negociacións que se levaron a cabo durante todo o ano 2013, ó 2014 e ó 2015 polo goberno do PP e que xa FCC se comprometera daquela a non executar.

A realidade é tamén que estas sentenzas están xerando mais intereses de demora por non haber sido pagadas, e neste momento non pagando e continuando coas negociacións supón que vanse seguir incrementado eses intereses e a pesares que FCC dí que vai paralizar a reclamación, como xa ven dicindo todos estes anos atrás, o Sr Represas non ten ningún documento no que FCC se comprometa a non reclamar mais intereses de demora.

Por elo, os concelleiros do PP votaron en contra no Pleno Extraordinario á proposta do Goberno de “iniciar as negociacións …..”, primeiro, porque xa fai 3 anos que se está negociando este asunto, segundo, porque os custes de intereses de demora estanse incrementando e en terceiro lugar, porque o PP non vai a votar en contra dos informes que conforman o expediente, e que neste caso obrigan a Corporación a aprobar a revisión de prezos, a pagar polo servizo 126.000 euros menos ao ano e a reclamarlle a FCC preto de 800.000 eu que cobraron a mais.

E xa finalmente, os veciños deben saber que non houbo ningún tipo de deixadez por parte do goberno popular ao respecto deste expediente e por non traelo antes ao Pleno para a súa aprobación, porque ainda que no ano 2013 a Interventora municipal xa fixou a cantidade que se lle debía pagar a FCC polo servizo, como a empresa concesionaria non aceptou a proposta económica, a Lei dí que debe ser o Consello Consultivo de Galicia quen determine cal das dúas partes ten a razón, si o Concello ou a empresa, e neste caso este órgano tardou 14 meses en contestarlle favorablemente ao Concello, ese é o motivo de que ata decembro do ano 2014 non se levase ao Pleno a primeira parte do expediente, que todos os grupos políticos apoiaron, e a segunda parte tramitouse nos primeiros meses do ano 2015 quedando lista xusto antes das eleccións municipais, por iso que si hai un responsable de que isto non se finalice e de que estemos pagando mais do que corresponde polo servizo é neste caso o Goberno actual encabezado polo Sr Represas.