O PP pide explicacións ante unha suposta irregularidade no cobro das entradas dun concerto organizado pola concellería de cultura

O PP asegura que o diñeiro tiña que ser ingresado nunha conta municipal e non nunha conta da cal se descoñece o seu titular.

Os concelleiros populares solicitaron unha Comisión Informativa de Cultura para que o Alcalde e a Concelleira da area, Hortensia Bautista, aportaran toda a documentación relativa a actuación levada a cabo na Feira Vella o pasado día 19/set/2015 dentro do programa das Festas de Verán, porque da análise feita do contrato firmado entre o Alcalde e o Grupo Musical despréndense aparentes cuestións irregulares.

O pasado venres día 19 celebrouse dita Comisión Informativa de Cultura, pero os datos facilitados polo Alcalde e Concelleira non clarexaron as dúbidas de cómo foi xestionada a recadación da taquilla e a venda total das entradas, cuestión importante porque era o Concello quen organizaba o evento e porque parte do pago ao grupo musical procedía da venda de entradas, tanto na taquilla como en ticketTea.com

Para comprar a entrada en TicketTea.com , era necesario ingresar o importe da mesma nunha conta bancaria que non pertencía ao Concello. E para comprar a entrada na taquilla os asistentes pagaban en efectivo a un representante da Compañía que en ningún caso era, como indica o procedemento, un funcionario autorizado polo Alcalde para o manexo de fondos públicos.

Toda a organización desta actuación que nun principio parecía ser normal, mudou cando os concelleiros do Partido Popular accederon ao Contrato entre o Concello e a Compañía do Grupo musical, e observan que da recadación da Taquilla e do TicketTea.com é de onde o Concello pagará parte da actuación. E a dúbida xurde en quen controlou que as entradas vendidas fosen as que dixo a Compañía, e que os cartos recadados fosen os que tamén dixo a Compañía, e porqué non se ingresaron nunha conta bancaria municipal e en definitiva porqué non foron fiscalizados pola Tesoureira.

Ante a falta de esclarecemento feita polo Alcalde e a Concelleira e total falta de informes no expediente, fixo que os concelleiros do Partido Popular pedisen na mesma Comisión Informativa que se incorporen os informes tanto do Interventor como da Tesoureira municipais co fin de que se aclare si existiu irregularidade no cobro das entradas deste Concerto.

Para o PP encontrámonos ante un presunto cobro irregular, porque os ingresos dos asistentes ao Concerto tiñan que ir a unha conta municipal, e nunca a unha conta da cal se descoñece o seu titular, e queremos que se aclare quen autorizou ese procedemento irregular.