Para o Partido Popular resulta máis que curioso que agora o goberno tripartito (BNG-PSOE e Riada do Tea) cambie radicalmente de criterio respecto á aprobación definitiva do Plan Xeral de Ponteareas sen contar coa necesidade de aprobar o Plan Parcial da Área Industrial da Lomba (Areas).
Si recordamos na pasada lexislatura, tanto o PSOE como o BNG dicían que aprobar o Plan Xeral, tal e como estaba no Proxecto de Aprobación Inicial, sen desenrolar a Área Industrial da Lomba “era condear a Ponteareas a seguir durante anos e anos sen ter solo industrial onde instalar empresas, limitando o crecemento do municipio e impedindo a creación de postos de traballo”.
Sen embargo, este condicionante tanto do PSOE como do BNG de que era absolutamente irrenunciable aprobar o Plan Parcial da Lomba para aprobación definitiva do PXOM, parece que agora, segundo as últimas afirmacións públicas realizadas polo actual goberno, en boca do Sr. Represas, que “agora é imposible que se faga coa aprobación definitiva do Plan Xeral debido ao elevado custe que tería a redacción do Plan Parcial da Lomba e a difícil situación económica que ten o Concello”.
Para o PP, este cambio de postura é unha mostra máis da actitude seguida ata o de agora polo BNG e polo PSOE en todo o proceso de tramitación do PXOM, onde, se recordamos as últimas trabas postas ao anterior goberno do PP para a aprobación do Plan Xeral foron, por un lado, a esixencia de contestar e enviar todas as resolucións das alegacións aos colectivos e veciños antes de levar o documento ao pleno, nun exercicio de transparencia e por outro, que se tiña que aprobar o plan parcial da Lomba xunto coa aprobación definitiva do Plan Xeral, si se quería contar co seu apoio e voto favorable.
Dende o PP nos preguntamos, por que agora este cambio de criterio, si é porque agora o proxecto de redacción do Plan Parcial da Lomba custa máis que nos últimos anos, cando o demandaban eles, ou será tamén, como afirman eles, que a situación económica do Concello empeorou neste último ano con respecto aos anteriores.
A verdade é ben distinta, nin o proxecto de redacción do Plan Parcial custa máis que fai uns anos, nin a situación económica do Concello é peor que en anos atrás, xa que aínda que non o queiran recoñecer, a situación económica do Concello mellorou bastante con respecto aos últimos anos, ata tal punto, que de seguir na senda do Plan de Saneamento-Económico aprobado e posto en marcha polo goberno do PP, ao remate deste ano 2016, o Concello cumprirá o déficit cero.
Para o PP, este cambio de postura, o único que demostra, con respecto á Lomba, é que o goberno busca desculpas que non obedecían á realidade, máis ben é que como agora xa están no goberno, cambian de criterio ao igual que noutros asuntos por puro interese partidista e electoralista.
Polo tanto, o GM do PP entende que despois de 7 meses dándolle voltas a un documento que estaba practicamente listo no mes de maio, intentan agora escudarse en falsas desculpas para non cumprir os requisitos que consideraban imprescindibles, como era a aprobación do Plan Parcial da Lomba para apoiar e votar a favor da aprobación provisional do PXOM.