O goberno do PP deixou iniciado un expediente no concello no que os intereses que reclama FCC compénsanse con 800.000 € que FCC lle debe ó concello

  • O PP leva meses denunciando a pasividade deste goberno ante un expediente de FCC que está sen executar e que permitirá recaudar para o Concello 800.000 euros , amais de abaratar o custo da recollida do lixo en 126.000 euros o ano.
  • A empresa FCC despois de haber cobrado no ano 2012 todas as facturas que o Concello lle debía, acudiu o xulgado para reclamar os intereses de demora, e o BNG e o PSOE, que agora critican, contribuiron a que estes intereses fosen mais elevados, cando no ano 2011 obrigaron a retirar da relación de facturas do ICO elaborada polo PP, as obrigas da empresa de recollida do lixo, para aceptar aprobar o expediente no Pleno.

Segundo o PP, despois de levar meses reclamando ó Goberno municipal que executen o expediente de revisión de precios do contrato da recollida do lixo e limpeza viaria, é incríble que no día de onte a Sra Bautista , portavoz do BNG, manifeste nos medios de comunicación que denuncian unha nova débeda no Concello que se corresponde con 300.000 euros que foron reclamados vía xudicial por FCC ó Concello polo pago fora de prazo de facturas do lixo.

En primeiro lugar, estamos ante unha nova mentira deste goberno tal e como xa nos ten acostumbrados, porque non é certo que non se coñecese esa sentenza. Era coñecida por todos os grupos da Corporación, porque xa foi tratado o asunto en múltiples ocasións.

Tampouco é certo que o goberno do PP non houbese feito nada, pois este grupo leva meses insistindo e denunciando ó goberno BNG-PSOE-ART pola deixadez e falta de resolución dun expediente que no ano 2014 aprobouse polo Pleno, con todos os informes favorables e dacordo co informe remitido polo Consello Consultivo de Galicia, e que supón un aforro o ano de 126.000 euros no recibo do lixo, e a maiores a reclamación dos importes cobrados a mais por FCC que supón mais de 800.000 euros para este Concello.

O Goberno anterior estaba negociando a compensación dos 300.000 euros da sentenza a favor de FCC cos mais de 800.000 euros que FCC lle debe a este Concello, ese é o motivo de que estivese sen pagar esa sentenza, de feito hai diferentes escritos entre FCC e o Concello que demostran as negociacións que existían para compensar esa débeda, e existe un expediente na Secretaría municipal de todo este asunto.

E xa para rematar, decirlle a Sra Bautista, portavoz do BNG, que a reclamación xudicial iniciouna a empresa FCC despois de haber cobrado todo o que o Concello lle debía, ainda que é certo, que foi fora de prazo, igual que a moitas outras empresas, pero o curioso neste caso é que foron o BNG e o PSOE os que no ano 2011 impediron pagar unha cantidade importante das obrigas daquel momento á empresa FCC dentro dun plan de pago a proveedores, porque obrigaron ó goberno do PP que estaba en minoría, a retirar do expediente as facturas do lixo, co cal esas facturas foron pagadas mais tarde e os intereses continuaron incrementándose.