O próximo luns dia 14, Ponteareas acollerá o acto central de campaña para as eleccións nacionais con Ana Pastor

A partir das 11:00 h. Pilar Rojo (nº 3 da lista ao Congreso polo Partido Popular de Pontevedra), acompañada de María Nava Castro (Secretaria Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia), Alcaldes e candidatos da comarca para as vindeiras eleccións a Cortes Xerais, percorrerán o mercado municipal, xa que o día 14 e feira en Ponteareas.

A continuación, a partir das 14:00 h., no restaurante Cuevas de Bugarín haberá un encontro multisectorial onde a candidata ao Congreso pola provincia de Pontevedra, Ana Pastor (Ministra de Fomento no actual goberno do PP) explicará as distintas iniciativas executadas durante o seu mandato así como as comprometidas para a vindeira lexislatura. Tamén intervirán María Nava Castro Domínguez (Secretaria Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia), Salvador González Solla (Presidente local do Partido Popular) e Andrés Sampedro Fernández (concelleiro do Partido Popular no Concello de Ponteareas) representante da comarca do Partido Popular ao Congreso.

Para anotarse á comida é necesario chamar por teléfono ao número 986660898 ou ben pasar pola sede do Partido Popular sito na rúa Trovador Xoán García de Guillade, 24 de Ponteareas, de 18 a 22 horas.