O PP critica a concelleira de Tráfico porque despois de 6 meses segue sen facer nada co servizo da Grúa municipal

-As criticas vertidas pola Sra Fernández, concelleira de tráfico contra o PP acerca da Grúa municipal, foron exclusivamente para alarmar a poboación, xa que a día de hoxe non demostrou que existisen “irregularidades” no depósito municipal con vehículos e materiais de “orixe ilícita” como ela dicía fai uns meses.

-O Contrato de servizo da Grúa municipal, segue sen sacarse a licitación, as pesares de que segundo as manifestacións da concelleira de tráfico fai uns meses, era unha situación totalmente “irregular” e de “descontrol”

O luns día 30 de novembro o Goberno convocou un Pleno extraordinario onde entre outros asuntos a concelleira de Seguridade, Dª Vanessa Fernández solicitou comparecer para tratar o tema da Grúa municipal.

Finalmente, a Concelleira non explicou cal foi a súa xestión destes primeiros 6 meses de goberno e limitouse a acusar os concelleiros do PP do absoluto “descontrol” no que atopou o servizo, que ademáis, según ela, prestábase “ irregularmente”.

Novamente os concelleiros do partido popular  acusaron o goberno, e concretamente neste caso a concelleira, Vanessa Fernández, de “falar sen saber” e en definitiva dun total “descoñecemento” das xestións feitas nos últimos anos co servizo da grúa municipal, e en xeral, de mentir e acusar o anterior goberno.

Según explicou a portavoz do PP este servizo sempre foi controlado pola Policía local, que era quen decidía qué coches debían ser retirados, e avisaba a grúa para que actuara. E do mesmo xeito, eran os encargados de custodiar os vehículos e devolvelos ó titular cando estaban retidos no depósito. E en ningún caso, na lexislatura pasada, o goberno foi informado pola Policía local dunha situación irregular que non se hubese resolto.

Si realmente a Concelleira de Tráfico, Vanessa Fernández, detectou fai seis meses que no depósito existían vehículos e materiais de “orixe ilícita”, a día de hoxe xa tiña que ter o expediente resolto, e identificadas as persoas que interviron en esas irregularidades.

O que non pode ser, é que siga “acusando” os concelleiros do PP, sen informes que avalen as súas acusacións, e por riba sen haber resolto o asunto.

En canto a que o servizo se prestaba “irregularmente”, sen contrato, tamén é falso, xa que existe un informe do asesor xurídico que ”xustifica a prórroga de contrato, por circunstancias especiais,  cando por parte do Concello se está sacando a licitación, unha e outra vez, quedando deserto”, e dicir cando non se presenta ningunha empresa interesada na xestión dese servizo. Polo tanto, está xustificada a prórroga porque o Goberno do PP non deixou de buscar unha solución pola vía da licitación para o servizo da Grúa, sacando a concurso dúas veces, recurrindo directamente ás empresas de Ponteareas e iniciando un novo procedemento a finais de 2014 que se a Sra Fernández quixera podría retomar, porque xa leva seis meses falando do asunto e ainda non fixo ningún trámite.

Xa para rematar, o portavoz do PP, Salvador González Solla, dille a concelleira de tráfico que o que debe facer, é deixar de alarmar a poboación e porse a traballar na elaboración duns Pregos de condicións técnicas, administrativas e económicas, sen esquecerse de reservar una partida suficiente no presuposto.