Segundo o Partido Popular, unha vez rematadas as obras da Mellora Ambiental do Regato da Venda no pasado mes de xuño, e despois das comprobacións realizadas dos últimos análises microbiolóxicos realizados pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia na Praia “ Río Tea Ponteareas – San Roque – Os Remedios”, constátase unha melloría substancial dos resultados de control da calidade da auga de baño desta Praia.
Para o PP, estas obras de saneamento do Regato da Venda nas que, entre outras actuacións, separáronse as augas pluviais das fecais que viñan anteriormente entubadas, xunto con outras actuacións levadas a cabo en anos anteriores polo goberno do PP, como a mellora do saneamento do Barrio de San Roque cun novo entubamento e unha nova estación de bombeo, a captación do saneamento das Cachadas, o novo colector do Barrio de covas e a eliminación de distintos puntos de vertidos nesta zona, permitiron, tal e como viña anunciando o PP, que esta zona que en anos anteriores reflectía unha calidade sanitaria da auga insuficiente e non recomendable para o baño, agora, con estas obras rematadas, e cos resultados deste último ano 2015, pódese dicir, alto e claro, que a calidade da auga desta praia mellorouse substancialmente, podendo acadar neste momento a clasificación de apta para o baño.
Por todo elo, o PP móstrase moi satisfeito por estes resultados, din que son unha mostra de que o seu goberno sempre estivo comprometido, buscando e xestionando con outras administracións públicas obras e actuacións encamiñadas a sanear definitivamente o río Tea.
Por outra banda, e tendo en conta a Directiva 2006/7/CE do Parlamento Europeo de 15 de febreiro de 2006 relativa á xestión da calidade das augas de baño no seu artigo 4, apartado b) e o Real Decreto 1341/2007 de 11 de outubro sobre a xestión da calidade das augas de baño, no seu anexo III e despois dos recentes resultados analíticos da Praia de San Roque, é necesario que esta se incorpore ás áreas de baño para o próximo ano 2016, para o cal o PP enviou un escrito dirixido ao Alcalde para que de xeito urxente o Concello remita, o antes posible, á Consellería de Sanidade unha solicitude na que indiquen o remate destas obras de saneamento e pidan unha nova clasificación, tendo en conta soamente os datos deste último ano, tal e como recolle excepcionalmente a lei.