Os datos económicos que no mes de xuño o PP facilitou dentro do balance da súa xestión, son ratificados nun informe de intervención enviado o Ministerio

-No informe recóllese que cando entrou o novo equipo de goberno existía liquidez mais que suficiente para facer fronte os pagos, xa que nas contas bancarias había 690.000 euros.

– Drespréndese tamén, que un 60% do presuposto, 8,44 millóns de euros, quedo usen gastar e disponible para o goberno entrante.

-Con estes datos oficiais queda demostrado que tanto o alcalde como o concelleiro de facenda levan meses mentindo sen ningún tipo de “pudor” ás empresas, ás asociacións e en definitiva a toda a veciñanza.

No Pleno municipal celebrado fai dez días o alcalde deu conta da información que trimestralmente se envía ó Ministerio, e que neste caso se correspondía cos datos económicos a 30 de xuño.

Da información que se recolle na execución presupostaria para os primeiros seis meses do ano, pódese comprobar que os datos que o exalcalde e a exconcelleira de facenda do PP facilitaron o pasado 12 de xuño no balance que fixeron do goberno durante a lexislatura obedecían á realidade, e en ningún caso hubo mentiras nen engaños coa información facilitada.

Entre os datos enviados ó Ministerio inclúese información presupostaria, de onde se desprende que dun presuposto de gastos para este ano 2015 de 14,21 millóns de euros, o importe realmente gastado ata o 30 de xuño foi de 5,77 millóns de euros, co cal quedaron 8,44 millóns de euros para dispoñer o goberno entrante, e dicir mais do 60% do presuposto total.

Polo tanto, segundo o portavoz do PP, con este dato queda mais que demostrado que o Sr Represas e o seu goberno levan meses mentindo a cidadanía, os traballadores e as empresas que traballan para o noso Concello, porque levan sostido que o goberno do PP deixóunos sen presuposto para gastar.

Por outra banda, neste informe tamén se facilita información da tesourería, de cales son os pagos e os cobros feitos, e cantos cartos quedaron nas contas bancarias. Daquí, afirma o portavoz do PP, despréndese que o goberno sainte deixou un Concello con liquidez , mais de 690.000 euros nas contas bancarias para que o Goberno entrante poidese seguir pagando as facturas e as nóminas sen ningún problema.

E esta liquidez, de preto de 700.000 euros, é a que quedou nas arcas municipais despois de haberse tramitado pagos dende a concellería de facenda, nos primeiros seis meses do ano, por mais de 7,3 millóns de euros, obrigas entre as que estaban os 600.000 euros que se pagaron a Construccións Vale.

Destaca o portavoz do PP, a importante labor feita nesta última lexislatura dende a concellería de facenda, que permitiu cumprir co principal obxetivo que o PP se marcou como goberno e que non era outro que reducir as débedas e estabilizar económicamente o Concello, cousa que queda reflexado na reducción en mais do 50% que se produxo no “remanente negativo de tesourería” e que na actualidade está en -6,8 millóns de euros.

Segundo Salvador González Solla, “a verdade ainda que coxa, sempre chega” e unha vez mais, podemos concluir que o alcalde e o concelleiro de facenda levan meses mentindo sen ningún tipo de “pudor” a todas as empresas que reclamaron cobrar as súas facturas en prazo ou a determinadas asociacións, como comerciais ou hosteleiras, que lles pedían colaboracións para eventos, ou ós centros culturais cando lles dixeron que non podían pagarlles as subvencións porque non tiñan cartos, ou cando utilizaron o mesmo discurso para os clubs deportivos. O portavoz do PP considera que estamos ante un goberno que non ofrece garantías dunha boa xestión porque non se sabe cando minte e si algunha vez dice a verdade.