-O Alcalde pretendían involucrar a oposición nunha “artimaña” que era pechar a Estación de autobuses e logo votarlle a culpa ó PP.
-O Goberno nos presenta o informe do interventor porque saben que os datos oficiais aprobados polo pleno municipal nos anos 2014, 2013 2012 e 2011 reflexan un custe de 57.000 euros, lonxe dos 200.000 euros que eles afirman.
No Pleno municipal celebrado no día de onte, o Goberno presentou para debate o asunto da Estación de autobuses, despois de habelo incluido na orde do día de fai un mes, primeiro para tratar urxentemente, e despois retirando do debate plenario porque dixo querer consénsualo cos grupos do PP e ACIP para acadar unanimidade na votación.
Finalmente onte, o Goberno volve a traer o Pleno o tema da Estación de Autobuses, como un asunto ordinario, e dicir non urxente, e ainda que tiveron tempo de presentar un expediente completo, porque pasou un mes dende a primeira vez, afirma o portavoz do PP, presentan una moción con uns acordos que, en primeiro lugar non están consensuados tal e como se comprometerá o Sr alcalde en facelo con todos os portavoces dos grupos políticos, en segundo lugar, porque un dos puntos que se votaban era solicitar a Xunta de Galicia que compensase o importe económico que leva gastado o Concello dende agosto de 2011 (data na que finalizou o convenio Xunta-Concello) ata a data actual e non truxeron o Informe de Intervención que acreditase realmente cal era ese importe, e en terceiro lugar, porque constaba no expediente un informe do asesor xurídico do Concello que realmente o que decía é que non era un tema a debatir nen votar no Pleno, senon que era o propio Alcalde, vía resolución, e a Xunta de Goberno os que deberían requerir a Xunta de Galicia que axilizase o traspaso.
Isto demostra una vez mais, que este Concello ten un Goberno que improvisa e que demostra “falta de rigor” nos temas que trata e que plantexa ó Pleno municipal.
No relativo o Informe de Intervención, o alcalde non o trae ó Pleno porque o sabe perfectamente que a cantidade económica que este Concello poderá reclamar a Xunta de Galicia pola explotación da Estación de autobuses non supera os 57.000 euros, tal e como afirmou dende o primeiro momento a concelleira de facenda na anterior lexislatura, e que responde os datos económicos que figuran nas Contas municipais aprobadas polo Pleno nos diferentes anos 2014, 2013, 2012 e 2011. Importe que está moi lonxe dos 200.000 euros que o Alcalde e a Concelleira de Seguridade levan afirmado e sostido nos últimos meses, e que os levou a facer afirmacións como que “a Estación de Autobuses era una ruina para este Concello”.
E no relativo a traer o asunto ó Pleno, a pesares de ir en contra do informe do asesor xurídico, o Goberno municipal o que trata é de implicar o PP e o resto da oposición nun acordo que levaba implícito un peche “encuberto” da Estación de Autobuses a partir do 1 de xaneiro, e que este grupo municipal dende o primeiro momento dixo “non”.
Os concelleiros do partido popular, manifestaron que non están nin estarán a favor do peche dun servizo que perxudique os veciños. E mais ainda cando o servizo non custa mais diñeiro o Concello, xa que as previsións para este ano 2015 son de beneficio, e para os 4 anos anteriores o Goberno ten enriba da mesa dende setembro de 2013 un compromiso por escrito da Xunta de Galicia conforme compensarán ó concello pola diferencia que exista.
Para o PP o que debería facer este Goberno é continuar coas xestións e tratar por todas as vías que a Xunta de Galicia se faga cargo do servizo, primeiro porque é competencia desa administración e segundo porque o convenio rematou, pero polo ben dos usuarios da Estación de autobuses o Goberno debe facilitar a continuidade do servizo mentras xestiona e mentras a Xunta de Galicia que é a 3ª vez que licita a explotación do servizo consiga que alguien se faga cargo da explotación do servizo. Iso é o que realmente debe facer o Goberno si se consideran un goberno capaz e responsable, e non tratar de involucrar a oposición nunha “artimaña” que era pechar a Estación de autobuses e logo votarlle a culpa o PP