O Partido Popular denuncia a aptitude prepotente do Alcalde e a irregularidade das súas actuacións

O venres día 9 de outubro celebrouse un Pleno Extraordinario para tratar entre outras cousas unha cuestión de importante trascendencia para o Concello como é a Conta Xeral do ano 2014, necesario realizar o seu trámite para non perder subvencións e para que o Estado non lle reteña o Concello o 100% do PIE.

O Partido Popular defendeu a Conta Xeral do ano 2014, xa que esta responde os actos e iniciativas que durante o ano pasado o Goberno encabezado por Solla levou a cabo, e que demostran a evolución positiva do Concello, xa que nun ano reduxéronse as débedas en mais de 2 millóns de euros, aforráronse 1,32 millós de euros e pagóuselle as empresas e proveedores puntualmente, mantivéronse os servizos, e non se incrementaron as débedas.

A pesares de defender a Conta porque o PP demostrou que se xestionou adecuadamente o presuposto e o Concello durante o ano pasado, na votación anunciou a súa “abstención”, porque dende o primeiro momento, o Goberno local e o seu Alcalde, están a facer un trámite “irregular” da Conta, saltándose a Lei e impedindo que o resto dos Grupos Políticos accedan a examinar e estudiar a documentación que integra as Contas, co cal incumpren a Lei e ademáis vulneran o dereito fundamental dos membros da Corporación á “participación política”.

É curioso que sexan estes mesmos grupos BNG, PSOE e ART os que estén preparando un Regulamento de Participación Cidadá, para que os veciños teñan acceso e participen no día a día do Concello, cando ós propios membros da Corporación non lles permiten exercer o seu dereito a coñecer todos os expedientes e a súa participación política no Concello.

Polo mesmo motivo que o PP se abstuvo, defendendo o cumprimento dos trámites, dos prazos e das normas, tamén o concelleiro de IU, anunciou o seu voto de abstención, e ACIP anunciou que votaría en contra por non haber podido ver as Contas, cando a realidade e a normativa dí que o Alcalde debería haberlles dado 15 días antes da celebración da Comisión.

O mais increíble e que debe saber a veciñanza, é que hoxe, por primeira vez na historia do Concello de Ponteareas, o BNG e o PSOE, votan a favor dunhas Contas municipais. Nin sequera habían votado a favor das Contas do ano 2003, que eran as súas propias Contas, porque foi o ano no que gobernaron BNG-PSOE neste Concello.

E xa finalmente, queremos denunciar a aptitude “prepotente” do Sr Alcalde no Pleno, que provocou que os membros do PP abandoasen o salón de plenos antes de rematar o mesmo, pois o Sr Alcalde, que convocou un Pleno Extraordinario para a aprobación da Conta Xeral do 2014, pretendía que o grupo que defende os datos da mesma o fixera en cinco minutos, e darlle unha réplica para contestar os portavoces de cinco grupos políticos (BNG, PSOE, ART, IU e ACIP) tan só de ½ minuto, cando o que se trata é de explicar a xestión de todo un ano.