O importe que o Concello adebeda á Confederación Hidrográfica era coñecido e non estaba oculto

– Dos 151.300 euros que o Concello adebeda á Confederación Hidrográfica Miño-Sil, 56.480 euros corresponden a sancións polas verteduras e os restantes 94.820 euros ao canon de vertedura.

-Todos os expedientes eran coñecidos pola intervención municipal, e os referentes ás sancións estaban sendo recorridos pola Asesoría Xurídica e os do canon de vertedura estaban pendentes de pago á espera dun fraccionamento.

Para o Partido Popular de Ponteareas, as últimas manifestacións realizadas polo Sr. Represas nos medios de comunicación, sobre a débeda do Concello de 151.300 euros á Confederación Hidrográfica por verteduras: son un claro exemplo da utilización da información dunha maneira interesada e absolutamente torticeira, xa que 56.480 euros corresponden a sancións por verteduras e 94.820 euros ao canon anual de vertido que o Concello está obrigado a pagar como calquera outro concello de Galicia á Confederación Hidrográfica en virtude da autorización de vertedura existente, contía que por certo se ven pagando dende hai moitos anos e que se seguirá pagando ano tras ano.

Para o PP resulta curioso que agora ao Sr. Represas lle preocupe tanto o pago desta débeda, xa que sabe perfectamente que parte das denuncias que remataron nestas sancións foron feitas tanto á Policía Autonómica como á gardaría fluvial polo BNG.

Por outra banda, non é verdade o que dí o Sr. Represas de que este importe que adeudaba o Concello á Confederación Hidrográfica estivese escondido nos caixóns, porque o departamento de Intervención tiña perfecto coñecemento destes expedientes e, se non se pagaron estas obrigas, foi porque non estaban todas conformadas para o pago, xa que por un lado, os expedientes das sancións estaban sendo recurridos pola Asesoría Xurídica Municipal e non se podían tramitar os pagos ata que se resolverán ditos recursos e, por outro lado, os referentes ao canon de vertido, solicitouse un fraccionamento da débeda, cuestión da que é sabedor o actual alcalde, o Sr Represas, posto que dito aprazamento foi concedido e comunicado ao Concello nestas últimas semanas.

Polo tanto, para o PP, unha vez máis, queda claro que estamos novamente ante un goberno que terxiversa a información segundo lle interesa, tratando de acusar ao Partido Popular de descontrol, cando o maior descontrol témolo agora con eles no goberno.

Do que debería tomar nota o Sr. Represas, é que durante estes últimos anos, o goberno do PP traballou para solucionar os problemas medioambientais que soportaba o río Tea, eliminando vertidos por todos coñecidos daquela, coas conseguintes obras de saneamento no barrio de Covas, do saneamento do colector de San Roque, da mellora da eficiencia da EDAR, do remate do saneamento da Freixa, Valouras-Canedo, diferentes barrios de Angoares, o remate do saneamento de Xinzo, Areas e Arnoso, o inicio do saneamento en Bugarín, Prado, Padróns, e agora Arcos, e por suposto a restauración ambiental do regato da Venda, causante, ata esta data, da maioría destas sancións.

Para rematar, se tanto lle preocupa o saneamento das parroquias e do río Tea ao Sr. Represas, agora xa non vale seguir criticando e denunciando vertidos á Confederación, o que debería de facer, é continuar o traballo iniciado polo anterior goberno, completando e priorizando os saneamentos empezados, buscando a financiamento necesario, tal e como se fixo cos que lindaban co río Tea, eliminando así calquer tipo de vertido que poida existir e consecuentemente eliminar definitivamente as históricas sancións.